Hoxe adiquei o adestramento a pensar cómo correxir a miña tendencia a non estirar ou estirar pouco... que é a causa dos meus problemas musculares.
Vai tempo que teño o libro "estirandose" de Bob Anderson un libro moi coñecido cunhas ilustracions moi características; o tema é que as indicacions dos exercicios, a súa orde e os seus tempos non son quen de memorizalos e pensei na axuda tecnolóxica.
Nun principio busquei baixa-lo libro en PDF ó iPhone e para ver os exercicios pode valer... pero esto ten que dar para mais... ten que valer para que o propio trebello vixie (se queres) que fas o exercicio correctamente e o tempo axeitado... deberías poder ver unha animación de cada exercicio si precisas aclarar como se fai... en fin... a cabeza non para.
150 + 2000 + 50 rec
Coido que fixen 42' os 2 km; non esta mal para ir "sen prisa".
No hay comentarios:
Publicar un comentario