12 sept 2010

Duplicado mellorado

Bueno hoxe doble compromiso; pola mañan acudín a Coruña para facer puntiños na carreira de A Torre e abofé que me pagou a pena a viaxe: Por primeira vez dende vai 6 meses corrín por baixo de 4'15" (a min dame a 4'09" e a CHCH a 4'11") 7,040 km en 29'24" (29'23" para CHCH ¿¿?? ) 108 dun total de 687 chegados á meta.



Foi unha boa experiencia tamén no aspecto humano porque cadramos alí moitos dos participantes no circuito i é que o feedback do twitter está ben, pero non hai como verse de cando en vez.

A MILLA DE O BARCO

Pola tarde acudín á milla de O Barco por aquelo de que é a vila da miña moza e do meu clube... foi unha boa tarde de Atletismo; Dani acadou o terceiro posto na súa carreira e disfrutou dela sen ter tanto nervio e eu aínda que empeorei a marca que tiña nesta proba ata os 5'56" pois me sinto contento porque voltei a correr por baixo dos 4'/km aínda que fose nunha milla.

Non me manquei e disfrutei. A carreira elite deu a sorpresa coa vitoria de Victor Arias tras unha emocionante recta de meta entre él, Jesus España e Lolo Penas.

No hay comentarios: