Pois desta o fixen mal, moi mal e non calculei a volta a Ponferrada... ou sí a calculei ben, pero contando cun retraso que este ano non houbo. Total que cheguei ó sitio cando os galgos estaban correndo unha proba, a masculina cun altísimo nivel e unha disputada recta final que gañou con autoridade o campion Arturo Casado por diante de Pentinel e Lolo Penas.
Tra-la entrega de premios homenaxeouse a Sergio Gallardo (o programa dí que se retira, pero alí non se mencionou) e se fixo unha declaración moi interesante: "Lucharemos desde ya para organizar en Ponferrada un campeonato de España (de atletismo)".
Bueno, día en branco salvo pola andaina Cedeira-San Andrés... mañan matutino e "día a pensión completa" e xa ven o finde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario