Afundimento ia eu titular esta entrada... pero o cálculo que fixen se cumpriu e a segunda media ben requería unha "reserva extra" así que as pésimas sensacions do principio me axudaron a conserva-lo sentidiño e o amigo Beauvais me deu o punto de optimismo preciso para cumplir.
A clasificación oficial otorgame 1h37'25" e o posto 89 na xeral. Segundo sportypal 1h 37'30" (4'36").
Os tempos mostran que na segunda mitade malía a ser mais dura "corrin" mellor, insisto gracias a Beauvais que me animou e incluso me esperou nalgun tramo; de feito pasamos o control en 54' e chegamos á meta coa xente que pasara o control 3' antes.
Resto da crónica.
POR PARTES: A carreira: Eu persoalmente coido que é un percorrido moi fermoso sen perigo porque apenas circulas por estradas xerais, mais "DURO"; eu penso que mais duro que Betanzos porque as costas que ten as concentra mais na segunda mitade do percorrido e o final non é chan senon que é un contínuo sube-baixa.
A organización: Eu non botei nada en falta...cecais mais zona de aparcamento para os participantes e algo de sombra na meta.
Ambiente: Estupendo, xente coa que contacto de todas partes: Basurco veu na bici dende Villafranca, estaba tamén Capelo, 'Quini' e algun mais dos bercianos. Moita xente do clube ADAS (Bao, Manuel, Javier...) e moitísima xente do foro de Correr en Galicia que participa no circuito. Así que o quencer foi un saudar constante a xente o cal é agradable e a meta e un contínuo opinar entre coñecidos comparando esta proba con outras e falando das seguintes probas do mes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario