Bueno, acudín a esta media coa premisa de facer puntiños e quería facer un bó esforzo e aproveitar para saudar a tódolos coñecidos que participaron nesa proba... grande a familia do CARMA que estreaba uniforme.
Saín ben situado e con gañas de aguantarme adiante por aquelo de que eran tres voltas e non soporto ser dobrado... o ritmo que collín de saída me resultaba dabondo e soportable, pero pensaba que perdía demasiados postos así que tentei tirar algo mais enganchándome cunha xente no camiño de volta (co vento de frente), pero xa no paso pola perigosa curva de 180º me quedei atrás e fun allcanzado polos compañeiros do inicio; repetín a manobra nas tres voltas ia un rato coa xente que viña comigo e o chegar a Bouzas enganchaba con xente que nos adiantaba... Os tempos de paso non me preocuparon ata o km 15 no que vin que podía baixar da hora e media e me emocionei un tanto; logo fun aguantando como puiden, procurando beber e manter un ritmo dentro do soportable e cheguei ó derradeiro xiro e botei o resto... ata o km 20 logo funme indo, pero aínda así fixen 1h28'13" o que non está nada mal; malia a sensación de "oportunidade perdida" que deixa un día así.
Organización: Para o pagado, ben. Servizos (consigna, duchas, entretemento para os nenos...), Postos de auga e isotónica, boa bolsa de xantar, camiseta técnica...
No hay comentarios:
Publicar un comentario