Bueno, hoxe é unha data importante. Remata o circuito Correr en Galicia de carreiras populares 2009/2010 e estanse a toma-las decisions finais de cara ó circuito 2010/2011.
Eu pola miña banda fun correr a Torre del bierzo o "Cross de Gus" e non me podo queixar pois facer unha carreira con ese perfil a 4'32" non entraba nas miñas posibilidades hai ben pouco. 11 km en 49'54"
Moita mais xente da que eu previn e moita xente "rápida"; carreira vistosa para o espectador polo doble paso pola vila e dura para o corredor polas rampas que encerra. Eu fun ben ata o km 8 no que a derradeira subida (ou o derradeiro suministro de auga) me doblou e perdín comba coa xente coa que ia; e ainda facendo a baixada a fume de carozo xa non puiden contactar. Quedei de 43 dun total de 114
Carreira recomendable, ben sinalizada e con avituallamentos dabondo, inscripción simbólica e boas pezas para os coleccionistas.
O CIRCUITO DA DEPUTACIÓN
Estes días lin na prensa e no blogue da xente da media maraton de León que a deputación provincial vai promover un circuito de carreiras populares cun calendario unificado...as condicions ofrecen poucas dúbidas e o anuncio do circuito e das probas a incluir seica se vai producir con antelación dabondo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario