A proba: unha andaina-carreira polas ermidas e igrexas do concello de Cacabelos organizada por Chus Alonso e coa axuda do concello e a D.O. bierzo. 15 km cun perfil cheo de tachuelas ata o km 10.
Ambiente: moi bó malía non haber unha grandísima participación (difusión escasa) da xente habitual do bierzo botamos de menos a algún(ha) mancado ou de viaxe.
Eu: Pois eu estaba moi animado pensando en trotar con xente e tal, bebín pola tarde e antes da proba porque sentía calor e quencimos o xusto. Saimos a un ritmo soportable e falando con Basurko da súa preparación para as probas que vai facer, subimos Pieiros xuntos e no tramo cara a San Clemente xa se acelerou a cousa e me fun deixando caer pero por cuestión de ritmo natural... na costa de San clemente aínda me sentín normal e subín con bó ritmo...xa na baixada cara a Villabuena non me vin fino e a camiseta me agobiaba así que a quitei, dinme conta que ía mal cando me tiveron que avisar do desvío cara á capela de Villabuena e na subida non era quen de seguir ritmo ningún.
O resto é a historia dunha páxara como un templo, o que aínda me sorprende son os ritmos que saen no Sportypal pois saíndo de Quilós hai tramos que marcan 4:30 e non me semella a mín que fose a ese ritmo...custoume moito chegar pero sabía que si paraba ia precisar asistencia así que seguin o mais amodo que puiden.
Pasei unha noite toledana cunha diarrea espectacular mais propia dunha gastroenterite que de unha deshidratación... pero coido que vou ir a Cambados ó triatlón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario