Hoxe acudín a esta travesía co ánimo de facer algo mais de esforzo que nadar ó meu ritmo e non me perder..a auga estaba moi boa e había participantes dabondo como para pensar que non precisaría mirar moito para as boias como orienteación.
Na saída deixeime nun costado para non ser arroiado pola tropa de tritóns habituais destas xeiras, fun collendo ritmo e mirando para os nadadores que me pasaban pola esquerda ata que xa vin a 1ª boia perto, no troco de dirección cadrou que levaba dous nadadores perto na liña de avance e que xusto diante estaba o remolcador que facía ben de referencia así que decidín apretarme e por primeira vez neste tipo de probas achegueime a quen iba diante miña, viramos a derradeira boia e xa cara á rampa da meta adiantei a eses e a outros 3 nadadores tentando sempre apretarme no ritmo e na respiración e empregando ós nadadores de adiante como referencia.
24' non é bó tempo si realmente foron 1000 metros, pero non me sentín canso nin me desorientei o que me deixa moi satisfeito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario