25 jul 2010

Media maraton de Ponferrada 2010

Acudín a esta de "correr na casa" con sensación de que non ia disfrutar senon mais ben a sufrir para rematar nunha nova Peor Marca Persoal... o sol da tarde daba moita calor e non corría gota de aire, perveía unha mala xornada.

Cheguei e esperei na cola ata as 20:30 que abriron a entrega de dorsais (só 1 hora para dar TODOSLOS dorsais, pouco tempo.) e me puexen na sombra do estadio a perpar-la kanmiseta e a repousar. Logo acudín á kedada, pero a xente estaba aínda na cola dos dorsais así que aproveitamos BaoEs e Eu para nos facer unha foto con Martín Fiz (moi atento con toda a xente que llo pediu).


Logo fomos ata a zona de consigna a deixar a mochila, alí topamos a mais xente do foro coa que fixemos o quencemento e, como non, con moita xente do bierzo que acudiu a esta proba (e coa que xa coincidira en Busmayor) porque "na casa non se debe fallar".

Por último atopei xente do traballo que tamén lle dá a esto do correr, algunha faloume e outra non, que se lle vai facer.

Con mais de un cuarto de hora de retraso sobre o anunciado deuse a saída (que eu penso que era algo programado por mor dos cortes de tráfico en toda a cidade) nese intre, caeume a chave do candado da bici e a piques estiven de parar...pero dixen "ó car..., logo a busco ou corto o candado" e seguín. Fungando, fungando fun adiantando algunha xente e buscando un ritmo que me resultase soportable e resistible. Xunteime a un grupo de coñecidos e fun con eles como o percorrido era o mesmo que vai 2 anos sabía cando iamos pasar polo centro que foi donde facía mais calor e o pouco público que, cómodamente sentados nas terrazas, animaba ós que corriamos.

Tras do paso polo km 8 sentín a primeira pancada no xeonllo esquerdo e, claro, baixei o ritmo...pero aguantei. Na primeira volta rematei recuperando o paso e bebendo, cousa que non tódolos participantes poden dicir e que, aínda que doa, é un fallo grave. Levei de ollo a unha xente diante miña ata o km 12 no que xa o cansanzo me pasou factura e afrouxei, aínda así conquerín (coido) pasar o km 14 en menos de 1h. No Km 17 sin que eu o soubese o meu mobil quedou sen batería así que só teño gráfico ata alí.



Eu seguín correndo, claro e a verdade é que tentando manter un ritmo digno. Claculei que iría para 1h32' e quixen manter esa marca. No km 19 antes da derradeira subida vin a Alex Martinez e lle preguntei pola súa carreira e dixo "me fué bien"...a modestia dun campeón. Rematada a costa empezei a apretarme e no derradeiro km me topei moi ben. Chegando á meta sprintei ata que collín a un na recta e o fun empuxando para pasar xuntos a meta. 1h32'. Posto 54, só 3 peor que vai 2 anos.

Xa na meta souben que Alex gañara a media maratón cun tempo de 1h7' (moi boa marca) por diante de Martín Fiz que entrou segundos dempois.

Bueno, outra para o saco e non me maquei; o sei porque hoxe pola mañan fun de paseo coa moza ata a ponte de Molina e sentín moi ben as pernas.

No hay comentarios: