Hoxe tomeino de reposo churrasquero (tanto por fora como por dentro) e me adico á crítica do do Sábado.
a) DEBE MELLORARSE:
O avituallamento; non se pode permitir baixo ningunha escusa que nin durante a proba nin ó remate da mesma a xente non teña cando menos auga para tomar e mais si se trata dunha proba que se fai no verán.
b) SERÍA BÓ MELLORAR:
A saida: o punto de saida tan perto da rotonda...púdose poñer no lateral do estadio (onde estaba o quencemento) ou mover a meta.
Si se trae un invitado de categoría...facelo notar un pouco mais sobre todo si é tan aberto e amable como Martín Fiz.
Do tema horario non falo, que igual ata foi premeditado...pero abri-la entrega de dorsais a 600 participantes unha hora antes da saída e ó mesmo tempo permitir inscripcions...
O peche do tráfico mellorou respecto ó que coñezo, pero aínda lle falta sobre todo na 2ª volta do percorrido e iso que eu este ano non tiven problema porque as rapazas da despedida de solteira da avda Perez Colino foron ó seu sen se meter conmigo.
Para acadar categoría hai que HOMOLOGAR o circuito e facer esta homologación visible, tras 3 edicions cun circuito básico estable só queda determinar ben os puntos de chegada e saída e ter aspiracions para pagar o custe da homologación e botarse a por un campionato nacional (por exemplo).
Si a proba forma parte dunha competición multiproba do tipo que sexa debería constar na cartelería e falarse dela na megafonía do evento... non é de estranar que aínda hai xente que non sabe de qué vai a Liga atletica del bierzo e si a media puntuaba ou non.
c) Outras herbas:
As duchas seica estaban fervendo...claro, o sistema de auga solar termica un día de verán...sería un problema técnico.
Sinalar o circuito con frechas de outra cor que non sexan amarillas que logo botamos 4 días reorientando peregrinos...e non é broma.
Hai compañeiros que miden a calidade dunha proba pola "bolsa de corredor" eu coido que para 5€ estaba mais que ben, pero....e faise raro que non se engada na mesma ningún material de promoción turistica da cidade e do bierzo.
Facer unhas carreiras complementarias para cativos ó redor do pabillón...
d) Manter:
A implicación da policia municipal: numeroso persoal facendo toda clase de funcions.
O circuito: coas melloras sinaladas arriba. A min gústame, só ten a costa esa do final da avda das hortas... o paso polo centro dúas veces é moi estimulante.
E xa está, espero corre-la 4ª (salvo que estemos de vacacions)
1 comentario:
Eu estou dacordo contigo... o tema da auga foi tremendo...
No km 5 a auga estaba quente!! Botei un par de grolos e xa non poiden beber máis... despois paguei cunha sede do demo ata chegar á meta.
Unha rapaza que ía diante de mín, na rotonda da Ponte Nova, tirou cara Compostilla pola sinalización... tremendo!!
Non falaches da entrega de trofeos... chamar ós premiados do 10mil a trocar os trofeos, porque se confundiran... non ten prezo...
Erros deste tipo conseguen que atletas non queiran correr aquí. E logo queremos organizar un campionato do mundo de Ciclismo???
Saudos!!
Publicar un comentario