Bueno, pois aló foi.
Vistas as circunstancias o resultado foi bó e posto a destacar pois que perder premio por un posto foi fastidiado aínda que me adiantase nos derradeiros 100 metros.
O día foi aplastante; 37º son moitos todos xuntos e mais pensando en correr así que pasei a tarde na herba da piscina, bebendo e bañandome sen mais. Ás 20h tomei un gazpacho de sandía como cea e marchei para o sitio.
Collín o dorsal (corrin co meu chip) e andiven por alí falando con uns e con outros; semellaba que ia a haber moita xente, a de mais participación dende que vivo nesta cidade. Dos habituais bercianos só faltaron 2 lesionados.
Marchei ó coche a poñe-lo dorsal e os ugüentos e logo fixen 15' de quecemento suave polo parque. Acabei xa sudando e os esparadrapos dos pezons despegáronseme ó por a Kanmiseta. Voltei á saida; xa había tensión e os galgos andaban serios, malia todo puiden saudar a Alex Martinez que participou na proba de 10 Km. xa na liña de saida Maky , Fiur e mais eu concidimos baixo o arco. O comentario xeral: Aqui venimos, a sudar un poco...
Saimos puntualmente, como xa decidira sain rápido porque prevín que se faría tapón no paso pola Avenida de España e xa tería tempo dabondo de quedar para atrás. 1º Km. 3'36" dí un compañeiro do foro e digo: "pois xa valeu" e volto ó meu ritmiño. A policia municipal conqueriu despexa-la praza Lazurtegui xusto antes do paso dos primeiros, pola zona había bastante xente animando malia ós 30º que marcaban os termómetros. Km 2, fonte do bispo e o rei, 7'35"; "vou demasiado de prisa" pero me sinto cómodo pois aínda non sufrín o 'efecto catarata' alcánzame Ruben do ADAS e imos xuntos falando do percorrido e dos respectivos blogues. Ata a baixada pola rúa das hortas do sacramento non tiven sensación de agobio alí escomencei a suar como no kilometro 30 da maraton de toral e pensei 'non chego nin de broma'; costa da rúa rio Selmo, as pernas ben pero a min a sudor trouleame, collo auga e boto a metade por riba sen contemplacions, non é sede 'de beber' o que teño. Voltamos á avenida da liberdade, e decido saca-la kan-miseta e metela no pantalón; vaime dando a impresión de que cae, mais o alivio que sinto é espectacular e sei que ou corro así ou non remato.
Pola zona do Toralín Rubén marcha con dous rapaces de Ponferrada que veñen nun ritmo de 3'50", eu sigo co meu pasiño e mantéñome por baixo dos 4' km. de media; ata me semella que corre o aire cando pasamos polas rúas do barrio da rosaleda; na costa da avenida dos escritores vexo o límite do meu esforzo e penso no 2º paso pola zoa así que toca afrouxar outro pouco. No Km. 10 vou en 39'50" e manteño a pisada de 'pausa' para non me abafar, tiro a Kan-miseta no avituallamento e collo auga. A auga reanímame e volto a estirarme de gaña pola zona de animación ata a avenida da puebla me sinto moderadamente ben; logo, outra 'sensación catarata' me fai pensar no que queda e reduzo; non sinto brisa ningúnha e vou moi agobiado pola suor. Na ponte do centenario vexo unha botella de auga grande no chan con bastante contido; non o penso, paro e bótoma toda por riba, estaba quente; pero, curiosamente, como a brisa voltou a correr sentinme mellor.
No segundo paso pola costa de rio Selmo me vexo mellor, collo duas botellas de auga e me boto a metade dunha entre exclamacions, logo vou bebendo a pequenos grolos. Xa na avenida da liberdade retomo un paso 'decente' e, pola zona deportiva escomenzo a ver que me aproximo ós de adiante o que me anima. Apreto sen afogar e no Km. 17 calculo que podo chegar en 1h28' o que me anima a seguir con ese paso. Alcánzame Tino ó pé da torre da Rosaleda, sego detrás del con calma. Na costa da avenida dos escritores me sinto moi ben e cando vexo o cartel do Km. 19 decido que hai que facer un remate bó pois o terreo é chan (de feito fixen 8'40" eses derradeiros 2 Km.) a xente da andaina anima moito o que é de agradecer. na Praza da rep. Arxentina alcánzame ó que, na meta, me deixaría de posto 51... vai algo perdido así que teño que indicarlle os cruces ata a meta. Entro mirando o crono e paso xusto cando troca de 1h28'59" a 1h29' mais na lista oficial aparezo con 1h29'02".
Agora a toma-las infusions e pensar na seguinte...
1 comentario:
Son Rubèn M do ADAS e a parte de felicitarte pola fenomenal crònica da carreira de onte à noite tamèn quero darche as gracias por toda a informaciòn previa a carreira(Recorridos da proba,dificultades,...)que nos fuche ofrecendo en correrengalicia.org.Gracias tamèn porque convertiches a miña carreira de onte que onicialmente sò pretendìa acabar sin màis nunha loita para batir a miña marca ò paso dos 10km,que o final rebaixei en 10segundos.Saùdos.
Publicar un comentario