Logo dun día de moita calor na que o simple feito de dar un paseo polo centro xa facía suar a chorro achegueime a Villanueva de Valdueza a ver si me deixaban correr, porque non tiña claro eu si permitian inscripcions no día da proba.
Dende que entrei no pobo vin unha demostración de organización pensada por e para o participante; sinalización, aparcamento, bebida... evidentemente deixaronme inscribir pagando a correspondente e simbólica taxa.
Como fun cedo (para ter tempo de baixar á piscina si non podía correr) esperei na praza tomando algo mentras se formaba o ambiente... un ambiente moi recomendable de xente corredora disposta a enfrontar dous desafios nun: O perfil e a temperatura (34º). Para completa-la actividade fixeron unha carreiriña para os cativos.
As conversas iniciais xiraron ó redor do reto que Basurco vai facer mañan e de consellos para acompañalo...e logo...a quencer¡¡¡.
Saimos co alento encollido (eu polo menos) e pronto vimos que a primeira costa non era mais que un aperitivo. Non puiden manterme correndo na subida pola propia configuaración da pista e pola calor que cáseque non me permitía respirar así que fun tentando mante-lo paso. Xa na cima, na zona do castro tentei trotar pero a herba pisada e resbaladiza non mo puxo doado, a primeira baixada era como unha pista negra de esquí e fun mais lento que na subida.
No kilómetro 3,7 estaba o primeiro avituallamento con auga FRIA e unha sombrilla. Collín a botella e seguín, a organización dispuxo cestos para o lixo (como debe ser) e podo dicir que se deixou o monte como o atopamos. Logo viña xa a parte "pá baixo" e me lancei porque era unha pista ancha e o desnivel non era moito, o xusto. O tramo final ó pé do regato entre árbores foi moi estimulante e a chegada ó pobo coa xente animando un premio.
13º na meta, público acolledor, sandía e auga FRIA para tod@s e volta a falar do de mañan e das anécdotas da carreira.
Despois de chegar á meta quedei suando 15' minutos mais, falando con toda a tropa incluso fumos trotar un pouco outra cousa que non acostumo a facer e que ben me viría.
Moi agradable a compaña (Gus, Fiur, Tombrio, Che, Roberto, Tino, Pedro guerra, a xente de a entrenar.com, os de target40...lamento non ter caletre para tanto nome) e a conversa. Logo lisquei que tiña o tempo xusto para chegar a casa, ducharme, ve-la final do 5000 e ir busaca-la moza.
Total, Villanueva de Valdueza demostra que con vontade e entusiasmo pódese facer unha proba digna sen grandes alardes e que o principal capital é o propio medio no que habitamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario