30/07/2010

Día tristísimo: rematan 20 anos de relación.

Saín dar unha volta rápida na bici porque dende as 8 había que estar atentos á tele (semifinal de 1500 femeninos, final de 3000obstaculos femenino, 800 femenino e 1500 masculino) e non quería deixar pasa-lo día en branco.

Tiña medo da calor, tiña medo de estar recén xantado, tiña medo do cansanzo de 36 horas hospitalarias...pouco podía imaxinar eu que o sono de sair coa miña bici camiño do traballo o día da miña xubilación rompería ó paso por baixo da autovía en Camponaraya... Rachou o cuadro da miña bici por 3ª vez e definitiva...seguín andando si, e fixen boa media nalguns tramos o que indica que vou collendo forma ou iba collendo forma porque agora toca esperar.



Foron 20 anos de experiencias con ela dende que a mercara cos cartos da derradeira beca de estudante universitario aló en Maio de 1990...desta non chorei porque era un risco que tiña asumido pero doer doe.
Publicar un comentario en la entrada