20 mar. 2008

O Froito

Corrín os 10 Km. de Cacabelos como un "adestramento serio" e síntome satisfeito. 38'16" é un resultado que mellora a miña espectativa e mais aínda tendo en conta que o derradeiro Km. o fixen en 3'40".

Mágoa que a confusión de alguns dos compañeiros do grupo de diante lles fixera perderse, a verdade é que a sinalización dos numerosos cruces era complicada e as persoas que estaban nalgún deles non tiñan ningunha información sobre a proba.

O resto moi ben, boa 'bolsa do corredor' con camiseta e viño, pavillón para ducharse e percorrido chan e asfaltado. Fleky e Yosi repetion a aventura mais un cun tremendo catarro e outro víctima da desorientación non acadaron os resultados dos que son capaces.

ESTA MENSAXE TENME MOI TRISTE E PREOCUPADO.

Publicar un comentario