25 abr 2010

Bicicleta: Roteiro polo Bierzo Baixo; Ponferrada-Cacabelos-Villafranca e volta 42 km. 1h 32' (28 km/h)

24 abr 2010

Bici estática 40'

Natación 100 + 800. Non me sentín con moitos folgos hoxe...

23 abr 2010

Nin despacio nin os...

Nada... esto segue...peor....

Probei a ruta corta de campo novamente por ir co HTC... 8,3 km...38' (4:38") e aínda así as pancadas no xemelgo son constantes. Vou corta-la perna e xa está...

20 abr 2010

Bierzo florido, rodado como se fose a primeria vez

Hoxe estreei o mobil HTC con GPS e a aplicación NaviComputer para face-la traza desta saída tan suave e, con tódolos frutais cheos de flores, tan fermosa. A traza gardada como GPX serviume para pasa-lo adestramento de xeito rápido a MapMyRun que así volta a gañar puntos para a próxima decisión.

Tardei 1h e 24'....a 27 km/h... ata Cacabelos (15 km) fixera 26' o cal me encheu de satisfacción...claro que o terreo era doado.

19 abr 2010

Medo ó polen...

A verdade é que o estado de forma non me preocuparía senon fose pola época do ano na que estamos... onte ó cheirar herba recén cortada erizáronseme o pelos de todo o corpo (agás a cabeza que case non teño).

Natación 1000 + 8x50

16 abr 2010

35' e volta a mancarme o xemelgo...

Unha etapa de altura...

Hoxe tocou volta ciclista no biezo e, malia a que haber hai moitos outros portos de montaña tanto o mais duros, o certo é que no bierzo o PORTO é "El Morredero"... subida que coñezo in situ pois ademais na bici, subinno dúas veces correndo (en 2006 e 2007).

Tivo a ben a meteoroloxía ser outra dificultade engadida e os ciclistas o sufriron dende a saída polo que, pasado Ponferrada o asalto a esto...


Para mín as primeiras rampas tras Salas de los barrios son as mais tremendas por duras e longas... e logo está o terrorífico final, os 2,5 derradeiros kilómetros son moi duros e co tremendo frio e o cansanzo acumulado foi Igor Antón o que aproveitou os folgos que lle quedaban e re-atacou no intre xusto para acadar un xusto triunfo.

12 abr 2010

O peor momento

Natación 1000 (21') + 4 x 25.

Estou no peor momento que lembro...e non é polo rendemento físico senon polo momento motivacional. Non vexo mellora no problema da miña perna nin teño motivos para pensar que se arranxará pronto.

11 abr 2010

CC. 8 km. mais que nada porque tras 10 horas de coche xa me apetecía trotar un pouco.

1 abr 2010

E antes de marchar de vacacions...

Unha rutiña en Bici cuns amigetes.

Acompañei a uns amigos ata Villafranca na bici e voltei 47 km. a volta fixen unha media de 27 Km/h e as pernas non me molestaron.

28 mar 2010

Consolo sobre rodas

Tiña que ir a inspeccionar a ruta do camiño de santiago e decidín facelo na bici que teño para ir ó traballo (de montaña pero con cubertas lisas)...e disfruteino 30 km por terreo mixto o camiño de Camponaraya a Cacabelos está en boas condicions malía as abondosas choivas.

En fin, que teño unha alternativa para os 15 días sen piscina...e sin correr.

27 mar 2010

Natación: 100+1000(20')+5x100

Total; "from lost to the river"...

Camiñada cara a desesperación

Hoxe, tras 2 loooongos dias de reposo "absoluto" (nada de actividade física agás as escadas no traballo) decidinme a dar un bó paseo...o resultado non pode ser mais desalentador. O xemelgo durante a camiñada non me molestou, mais tras 30' de estar sentado no sofá xa me queimaba... ten pinta dunha tendinite ou algo así do sóleo...estou un pouco sobrepasado por este tema e estame a afectar xa en tódolos ámbitos da miña vida.

24 mar 2010

A dor que non cesa

Hoxe saín a correr pensando en ter superado esto e...

8,2 km 37'

Teño unha forte dor no soleo da esquerda; non semella unha rotura, é mais como si todo o tendón me doese.

18 mar 2010

Natación: 100+1000+5x100

Mellores sensacions e mellor compañía.

17 mar 2010

Mal, mal, mal.

Bo, eu así non xogo¡¡¡

Natación; 100 + 1000 + 3 x 100

O xemelgo lonxe de mellorar volta a molestarme ó andar (baixando escaleiras principalmente) eche unha leria.

16 mar 2010

Adeus Don Julián, Adeus

Hoxe tivemos a nova do pasamento de Don Julián Bernal unha gradísima persoa e un ENORME EXEMPLO para todos nós; outra volta o meu pésame ó seu fillo Jesús e o resto da súa familia carnal e atlética.

Quedamos orfos da súa presencia nas carreiras mais quédanos para sempre o seu alento e a enormidade simbólica das súas zancadas de corredor infatigable ó desalento.

Lembro ben a 1ª vez que o vin na miña reaparición no atletismo popular aló no 2004 na milla de Valdeorras; quedei prendado do seu espíritu e da súa cordialidade. Tamén lembro a derradeira proba na que coincidín con él fai uns meses no DRAGONTE proba na que é un ídolo e que seguramente lle rendirá outra homenaxe este ano, mágoa que se perda él de correr esta edición do "Dragón peregrino".

14 mar 2010

A lentitude como remedio

Hoxe a decepción puido mais que a lóxica e a rabia mais que a precaución e me botei a correr como queixa porque os que gozan deso que coido privilexio o despilfarran en conductas propias de mafiosos ou fariseos.

Fixen os 8 km da ruta corta de campo en 35:48 (4:28) e ainda así a perna estivo dandome 'toques' de aviso.

12 mar 2010

RESET?

Bueno, a mañan de hoxe merecía un intento.

30' 6km. algo de tensión no xemelgo esquerdo, coido que aínda é pronto pero si o tempo sigue así...no sei si aturarei.

8 mar 2010