Onte participei na II subida ó morredero e ainda que a media da proba sexa superultrapasteleira só podo dicir que estou moi contento de ter rematado e de facelo en 2H e 22'.
Para o día que estaba a cousa non saiu nada mal, non...
Pola mañan vencín o medo que me atenazaba e viñen ate Ponferrada a me cambiar, achegueime á saida andando molesto por me mollar;!!!mal sabía eu o que me agardaba¡¡¡.
Coñecín a JazzWilly.
Fixemos uns estiramentos...
E hala: !!!AL TURRÓN¡¡¡ (notase que gusto de "humor amarillo")
Recoñezo que saín con medo; non aproveitei os 3 primeiros Km. para correr se non para quentar e fun buscando "referencias humanas" que coñeceran o desafio e me axudaran con el...
Na primeira pendente brutal coidei que debía axeita-lo paso mais non parar de correr ainda que fose a "velocidade absurda"; fíxose duro, mais fíxose, na dobre curva ainda puiden ver a bastánte xente e as luces da cabeza da carreira.
Primeiro avituallamento, collo auga e como unha barriña das que levo no cinto; coido que foi a clave da carreira; beber en tódolos postos ainda que semellaba non ter sede e coa que estaba a caer tampouco deberia estar a suar excesivamente.
Chego ó chan-baixada de antes do Km. 10 (1h. 01') e estiro un pouco a zancada para descansar mais 'controlando' que ainda queda moito... Cando o aire escomenzou a soprar subín os manguitos un pouco; foi outro acerto levalos pois permitíronme mellora-la termoregulación. En San Cristobal novo avituallamento con auga e un gel deses calóricos que gardei para mais adiante; ó sairmos do pobo cambia a chuvia a modo "caldeiros" con refachos de vento modo "de carallo" que me impoñen correr encollido (si, ainda podo ser mais baixiño) o brutal repeito ate o cruce de Bouzas, a partires do cal o vento ia e viña segundo as voltas da estrada chegando ó punto de temer da-la volta da seguinte curva.
Troquei as miñas zapatillas por barcazas para navegar polo rio da estrada e acelerei na baixada cara ó mirador de Santiago de Peñalba (2h 00) mentras ollaba con temor ós tres terroríficos quilómetros de subida até a néboa na que se escondía o alto... Co vento ululando e a chuvia e o pedrisco dalle que te pego escomencei a subir pensando só que o tiña ó alcance da man e que podía seguir sen parar porque non tiña molestias importántes.
Ainda tiven forzas para apretar un pouco cara ó final... 2H.22' non é unha media espeluznante mais rematei este desafio e por elo estou contento, por elo e porque semella non terme perxudicado.
Seguinte obxectivo: A Boda e a Reboda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario