10 sept 2011

Collendo o camiño menos doado

En Novembro fará 6 anos que escomenzamos a dar forma a un xogo, un divertimento entre atletas populares para teren un motivo extra que impulsase unha maior participación nas carreiras populares de aqueles que participaban ocasionalmente nunha proba pero nos que non chegaba a "prender" o costume de facer eses minutos semanais de exercicio moderado que os estudos demostran que PROLONGAN A VIDA.

En todo este tempo ten habido toda clase de conversas e disencións tanto entre o amplo grupo de participantes mais ou menos asiduos como entre os que nalgún intre formamos parte do grupo de colaboradores voluntarios altruistas que doan parte do seu tempo para que houbese esta obra colaborativa, auténtico 2.0 en estado puro.

Esta edición se caracterizou por certa escasez no traballo previo supoño que froito dos trocos no grupo de traballo e das datas elexidas para a 'parada biolóxica', na única enquisa que fixemos públicamente só un 20% dos participantes contestou e a decisión final (a duración do circuito en 10 meses) tomouse co voto de menos do 10% dos inscritos... xa sei que votar nunha democracia non pode ser obrigatorio, pero desanimar desanima cando ves os interminables debates que se forman respecto al calquer tema.

Menos son aínda os participantes que correron en mais de 40 probas (2.58% dos 617 inscritos na tempada) e o efecto de limitar a ese o número de resultados a enviar sería NULO na clasificación, pero está a ter unha tremenda repercusión no foro e na convivencia interna do grupo en xeral. Porqué? porqué? porqué? Porqué se fai? porqué así? porqué sen consultar?

En 2010 fixeramos unha enquisa na que participaron só 75 persoas e se acatou a decisión de 40 (aquela tempada o total de inscritos foi de 473) e o incremento da competitividade conseguida mercede á competición por equipos engadido a o efecto multiplicador na taxa de puntos que tiñan algunhas probas de montaña/monte provocou situacions nas que alguns participantes se viron facendo esforzos físicos e familiares que pouco teñen que ver coa participación deportiva "popular"... mais ben ó contrario. E, non sin adicar moito tempo da discutir fundamentos, argumentos e fórmulas, tomouse a decisión de probar esta tempada a limita-lo número de probas individuais a 40 por tempada cunha serie de condicionantes dirixidos a que a clasificación en cada intre reflicta o estado real da mesma.

É posible facelo mellor, manter un proceso de toma de decisions mais transparente pero que faga claro a necesidade simultánea de participar de xeito responsable nesa toma de decisions colectiva, é posible fomenta-la participación da ampla maioría (50%) que non chega a 1 proba por mes sen que elo signifique que aboquemos á xente a facer cousas que, de non ser polo circuito, non farían...

Como penso que todo iso é posible escollo o roteiro menos doado de seguir poñendo 10' diarios do meu tempo á disposición da xente de Correr en Galicia, de acepta-las críticas e argumentar as respostas a todo o que os compañeiros queran argumentar.

EDICIÓN 15/9

O pasado 11/9 un compañeiro do foro escribiu esto:
···realmente a mi lo que me hace ilusión de este circuito es tener la seguridad de que el día X que pueda correr una carrera popular en Galicia a lo largo del año, haya una certeza de casi el 100% de que me dará X puntos para el circuito y quieras que no a todos nos hace ilusión ver el resultado a nuestro esfuerzo en un estúpido numerito (sí somos así de simples Mr. Green )···
···tengo que reconocer que una de las razones que durante el año corra más carreras que por ejemplo hace 3 años ha sido el circuito y sus puntitos···
Para min non hai nada mais satisfactorio que esto sirva para iso; aumentar razoablemente a participación da xente nas carreiras populares.

No hay comentarios: