15 jul 2011

Resumo do Circuito 2010-2011

Aló foron os 10 meses de competición circuiteira desta tempada; 125 probas incluidas e apenas 3 ou 4 das probas celebradas en Galicia non entraron por motivos mais ben das respectivas organización pois unha das principais pegas que tivemos esta quenda foi a inclusión "in extremis" de varias carreiras o que, non sen razón, alterou os ánimos de aqueles que planifican moito a súa participación nas diversas probas.

 RESULTADOS EN CIFRAS:

En primeiro lugar dicir que unha "meiga" pasou pola táboa e non consigo identifica-la proba que me falta... por provincias as probas e o nº de resultados enviados tiveron esta distribución.



A seguinte táboa fala claramente de como os participantes do circuito son xa xente que corre con hábito pois existe un claro incremento da % de participantes circuiteiros nas probas de mais de 12 kilómetros


Na seguinte gráfica pódese ver, entroques, que aínda así a maioría das participacions se fixeron en probas de 10 kilómetros (na táboa pódese ver que o 66% dos resultados enviados corresponden a probas de entre 9 e 11 kilómetros)


E ven agora o intre de botar unha ollada a outro tema que resulta un foco de discusión nas últimas edicions do circuito; a "sobre participación" os seguintes gráficos mostran o nº de participantes por carreiras deixando ben claro que si o problema existe se limita a un 2.6% do total de inscritos (os que fixeron maís de 50 probas na tempada).


Con estes datos e a votación do ano pasado pode que o mais lóxico sexa incluir no intre da inscripción para a tempada que ven dunha "claúsula de exención de responsabilidade" de cara ás posibles consecuencias que unha participación desmedida poda ter no físico e no económico...(opinión particular dun servidor que quede claro).

Por último o tema da estacionalidade... Vese neste derradeiro gráfico como as probas teñen un "pico" claro en Septembro-Outubro e en Maio (e iso coas notabilisimas ausencias deste ano como Betanzos e Lauro Olmo) pero destaca o incremento da procentaxe de participantes nas probas de inverno o que volta a falar de constancia, de hábito saudable si ben é certo que esto non se pode facer extensivo ós 600 inscritos tamén o é que hai un abondoso grupo (un 33%) do total que ten "metido nas veas o 'vicio' de correr" e iso si que é, penso, o obxectivo de todo esto, polo menos por elo eu lle adico algo do meu moi escaso tempo...




No hay comentarios: