27 ago. 2013

Omnipresencia vs competitividade

O modo no que contactamos uns cos outros e polo tanto nos influimos está a mudar a velocidade de vertixe e trae mais de un quebradeiro de cachola á xente que vive de facer chegar mensaxes "convincentes" ás poboacións, case sempre xente da publicidade (tamén lle chaman márketing pero coido que ven se-lo mesmo) pero tamén a xente que traballa para as institucions como pode se-lo caso das autoridades e institucions sanitarias.

Fai uns anos coa inestimable e inesquecible boa vontade do seu administrador na web correr en Galicia participei na posta en marcha dunha iniciativa que tentaba fomenta-la actividade física entre a xente "tirando" da idea da competitividade pero mais a nivel de "número de participacions" que do resultado das probas en sí; naceu así o "Circuito Correr en Galicia" que en 2006 só tivo 43 participantes que puntuaran pero cun gañador "de altura".

O sistema de participación e puntuación era moi artesanal e nas sucesivas edicions nos vimos na obriga de pedirlle ó crecente número de participantes que enviaran eles os seus resultados e de restrinxi-las probas "puntuables" a un catálogo coñecido si ben con cada edición se ampliaba pois o circuito tiña tirón na participación nas probas incluidas... mais o principal problema veu da propia natureza humana e de como nos educan... así chegou un intre no que se tivo que restrinxir tamén o número máximo de probas que un participante podía enviar pois nos decatamos que si ben a maioría da xente participaba "con xeito" escomenzaba a cundir unha 'hiperparticipación' que podia ser tan nociva como o sedentarismo que tentabamos combatir.

Pero comentaba ó principio a tecnoloxía que nos permitiu montar aquelo seguiu o seu camiño e semella que xa non é necesario comparti-lo mesmo espazo para "interactuar" con outros ainda no plano do exercicio físico... a facilidade para rexistar e publica-los datos de cada actividade xuntase coas plataformas de web social ou socializada e fan que cada un de nós poda facer as súas actividades no lugar e horario que mais lle conveñan e 'compartilas' e comparalas coas de outr@s. Así nace @clubdelpaseo unha interesante inciativa que mercede a esta nova omnipresencia suma diversas actividades en rankings pero fai algo mais pois retroalimenta inmediatamente cada participación tanto comunicando o troco de posición no ranking como a regularidade na actividade.

E penso que esto último é a dirección correcta; non se pode tratar de facer mais e mais kilómetros do que sexa senon de facelo de xeito regular e constante... esto claro si estamos a falar do fomento da actividade física como hábito de vida san.
Publicar un comentario