11 oct 2009

Onde foron as boas sensacions?

A de hoxe en Coruña foi a historia do doado que é que estraga-lo traballo dunha semana.
Pero non vou escusarme; non me saiu a carreira e punto.

Tampouco me importa moito; a verdade é que o que me ten fastidiado é que non fixen a prolongación que quería facer (30' trotando) por causas profesionais e bueno; haberá que face-la sesión longa o luns.

Moi bó ambiente na saída; cheguei coa xente do clube e xa empecei a saudar a xente do foro encabazados polo CAR Santiago. Acudo con Baoes á foto do foro e alí volta a saudarnos e tal. 18º de temperatura e cunha altísima humidade.

Tras facer 20' de quecemento co Cecebre e con outra xente fago unhas rectas e vou cambiarme ó coche. A saída xa ten o seu aquel; algo estreita para tanta xente e non consigo colocarme no lugar desexado. Paso o 1º kilómetro esquivando xente sen pensar en ritmos ou gaitas. Cando podo mirar ó meu redor vexo a Rubén e vou con él un anaco; no km 3 vou en ritmos de 3'50" pero as pernas non queren, subo a costa aínda adiantando xente e tal pero xa arriba penso 'este non é o día; onde foron as boas sensacions?' e sinto o peso da Kan-miseta. Na baixada deixome ir porque non vou nada ben e non quero ter problemas. No km 5 xa vou en ritmos de 4'05" e medio abafado... decido quita-la kanmiseta; sinto que respiro mellor e tento coller algo mais de ritmo. Á altura de Riazor unha pequena costa me permite remontar un pouco e volto a ergue-la cabeza, pero as pernas non van e debo serenarme a seguir o paso que me deixan sen facer caso dos compañeiros que me adiantan.
Control, baixadiña e xa o derradeiro tramo. Tento estirarme e correr mais erguido, quita-la kammiseta foi boa decisión, polo menos sudo só cara fora... xa nos cantons tento aturalle o paso a Nacho e recupero algo de ritmo, incluso consigo facer un cambio... meta 40'49".

329 de 1649. Fago a cola pola bebida, a camiseta (moi chula) e os agasallos e decido sair trotar. Pero cada oficio ten as súas débedas e este meu tamén así que ata ahi cheguei.

Para o ano habera que voltar a resarcirse.

3 comentarios:

roberto tribieerzo dijo...

Me ha encantado leer tu crónica de la carrera, entre mi mujer y yo la estuvimos tradciendo y hemos pasado un buen rato.Siento mucho que no te fuera lo bien q tu quisieras, pero he de decir que me mola la hostia leer tus entradas porque paso un rato intentando entenderlas, es como un reto, gracias. Iba a participar en esta carrera, ya que no tengo ningun tiempo oficial en 10 km., pero me echó atrás q hubiera tanta participación, por lo q tu has dicho el tiempo perdido en la salida, q te quema un montón y es poca distancia para recuperar. Bueno un saludo, y tengo muchas ganas de hablar contigo y conocerte personalmente, a ver cuando coincidimos en una carrera.

Anónimo dijo...

Gracias polos ánimos que me diches na baixada da Torre de Hércules. Eu tamén ando buscando un ritmo de carreira de 3:50 por quilómetro e non o dou acadado. Baixar de 4 min por quilómetro é xa bastante complicado, pero hai que seguir. Saúdos.

Antonio Martínez dijo...

Non sempre saen as carreiras. Pero tamén é intereante compartir a xornada con outra xente. Saúdos desde a Panadería de Osedo:
http://atletaspanaderiadosedo.blogspot.com/