Blog específico para ás miñas actividades de exercicio e ó deporte en xeral
16 ago 2009
Deus voando no olimpia stadium
Lonxe estaba eu de saber cando fixen esa foto no pebetero do olimpia stadium de Berlín que nese mesmo lugar un home se ia a achegar ós poderes etéreos do creador (si o hai).
Vinno dende a saída, na que Tyson tiña tantas esperanzas, na que nin un centímetro cedeu. Ós 15 mts. xa estaba claro quen mandaba e, desta sen afrouxar, si que ollou dúas veces cara á banda dereita antes de facer entrada fixandose no crono... 9"58.
Eu penso que dúas centésimas aínda llas arrincaba si correse mirando só cara adiante...claro que iso iria contra a filosofía de 'felicidade' que tanto os beneficia. En fin, deus voando sobre o olimpia stadium.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
mimá meu, vas a post por día dende hai 5 anos, 'presionante'!!
Parabéns polo blog.
Xa...pero a maioría son un "rexistro" dos adestramentos... pouca cousa.
Publicar un comentario