Son moitas as bromas que un 'matao' ten que aturar; moita a sorna da xente que, coñecendote ou non, fai gracietas dende 'correr é de cobardes' ata 'na leira queríate ver eu'...¿porqué lle adica un tempo e, sobor de todo, esforzo a facer peor o que outr@s fan tan ben?. Cada quen ten as súas respostas.
Eu voltei ó deporte dende un estado de falta de saude e de perigo para a miña calidade de vida no futuro; pesaba 35 kg mais e o asma alérxico me atacaba con moita frecuencia e virulencia facendo de actividades cotians unha molesta sucesión de estornudos e cansanzo.
Escomencei coa piscina porque tiña que ir aló cos cativos... no canto de permaneceren nas gradas molesto cos bafos do vapor, esbirrando ou estornudando pois boteime á auga. Logo veu a verdadeira recuperación e, de seguido, a lóxica de "participar como escusa para adestrar" porque ¿como mante-la motivación para o traballo sen obxectivos?.
Agora fago 3 actividades; cada unha por uns motivos e as tres porque forman parte do deporte que mais me gusta e no único que estiven federado (1992 e 1993).
Natación: O exercicio mais completo, o que mellor efecto ten no tema pulmonar. É o que peor se me dá, gozo del especialmente na praia. Sempre teño a esperanza de mellorar, non participo en travesías pola lonxanía da costa mais gostaría delo.
Carreira: O mais doado de facer, o mais doado de 'mellorar' o que mellores 'rendementos' me ofrece. Pódese facer cáseque en calquer sitio, inclusive de viaxe... é o que mais probas abertas ten e oferta variedade entre ruta e montaña, distancia curta ou longa... Gosto das saídas longas a ritmo (rodaxe), sobor de todo cando preciso pensar nos temas que me preocupan.
Ciclismo: O amor da miña vida... Aprendín tarde (cando viñemos de Venezuela con 13 anos); gosto da estrada, do aire na faciana, de berrar:"Tractor; a por él...". Gosto das subidas non moi abruptas e das baixadas 'a saco'. Levo coa mesma bici 18 anos... partiu a cadeira dúas veces, caemos unha chea delas... tremo só de pensar en ter que cambiala. Participo nalgún roteiro cicloturista aberto mais prefiro sair en solitario e así me vai.
TRIATLON: A miña teima, teño malos resultados en xeral mais sempre remato 'fresco' pois a carreira a pé me sae mellor que o resto. Non descarto voltar a federarme na categoría "maula vello"... tode será cuestión de sorte, ou non.
1 comentario:
Estamos facendo fichaxes para a próxima tempada no Club Triatlón Lalín. As arcas non están moi cheas de cartos, pero rebordan de ilusión.
Hai sitio para tí no noso equipo, por suposto. Anímate.
Publicar un comentario