7 jun 2008

Aquilianos, Conta saldada

Bueno, pois aló foi. Rematei a XIII travesía integral dos montes aquilianos (percorrido A) en 8 horas e 25'.
Presenteime ás 5:30 na praza do concello tras media hora de concienzuda preparación botando vaselina, poñendo esparadrapos e repasando os bolsos que ia enviar ós puntos de apoio. Asinei a saida e din un paseo pola praza ata que avisaron da saida.



O primeiro tramo o fixen a un trote de quencemento suave, andando nas costas e fixándome ben onde pisaba. Xa ó pé do río lle puxen unha marcheta cómoda e constante entre os trinos dos paxaros e o suave percorrer das augas.

Pasado o primeiro control vemos o Orto dende unha colina e aló, ó fondo, os cimeiros xa iluminados dos nosos obxectivos. O terreo é quebrado mais permite trotar así que continúo coa marcheta aproveitando que collín a mellor lebre do grupo. Un compañeiro nos anuncia que vai a abandonar por un problema físico e me ofrece os seus bastons que acepto aconsellado polo outro.

En Montes primeira mudanza; saco o pantalón longo, troco de camiseta, boto a crema solar e collo a viseira e a seguir. Cáseque corro polo camiño até o paso do regato e iso que correr cos bastons non me resultaba cómodo, logo comprobei a utilidade destes na forte subida cara ós canales de Peñalba. Baixei polo lado longo pois a outra baixada me semellou demasiado perigosa.

Chego a Peñalba bastante ben de forza e de ánimo, encho o botellín, como algo e arrinco algo nervioso polo que estaba por vir. A subida é brutal; a min só se me ocurriu pensar que é como subir o "Empire estate" 3 veces e sen escaleiras... o primeiro tramo e o mais duro e debe ter un kilómetro e medio, logo xa se achega un á cresta da cordillera e seguese ascendendo pero con menos dificultade de xeito que se pode ergue-la vista para admira-lo fantástico espectáculo do mar de néboa que cubre a meseta... e o val do Oza xa ós nosos pés.

Fago cima ás 10:34; demasiado mellor do esperado. Como, bebo, encho o bidón e teño que poñe-los manguitos pois alí (>2000 mts) sopraba unha viruxe molesta. Arrinco cun grupo de xente que xa faremos xuntos o resto do percorrido con constántes adiantamentos pois eu nas baixada me quedo atrás polo medo a romper os xoenllos i eles prefiren non correr no chan por non cansarse.

O camiño pola cresta dos aquilianos é impresionante e ofrece paisaxes que verdadeiramente merecen ser contempladas en silencio... Ó alto das Berdianas séguelle o Pico Tuerto no que ten un a sensación de caer en calquer intre pois o cordal sen ser estreito deixa ver un enorme desnivel a ámbolos lados. De alí ó pé de La Guiana vou ó trote, xusto o escomenzar o que é a derradeira ascensión dura do percorrido dame un calambre na cara interna do muslo dereito de xeito que pensei que alí remataba todo mais pisando con coidado e estirando un pouco o calambre cedeu e seguín sen atrancos ata arriba. A esas alturas tiña xa una tremenda rozadura nos 'concellais' malia ter gastado un bote enteiro de vaselina; a calor xa se notaba mais o aire da montaña axudaba a mitigalo.

Unha vez baixado o pico de La Guiana o percorrido ata o pé de Ferradillo é moi agradable entre un bosque de piñeiros por unha senda/pista en boas condicions, alí lle piso o que podo pois vexo que a calor vai ser moita abaixo.


En Ferradillo novo troco de camiseta, nova dose de vaselina, deixo os bastons e cometo o erro de xantar medio bocadillo de xamón, iso sí, corrrendo. Xa imos outra volta coa xente da marcha B que nos anima i é de agradecer. A tremenda baixada/escalada cara a Rimor a levo con dignidade tentando evitar tropezos e mais picaduras das que xa tiña.

Na entrada de Rimor un cruce mal sinalizado me fai parar e tantear un rato a ver como vai isto...Mollo o gorro nun pilón do pobo e chego ó control xa algo abafado pola calor, encho o bidón, collo sandía e via. Polo asfalto cara a Merayo e Toral de Merayo conquiro por derradeira vez ter algo de ritmo na carreira.

Cando xa pensei que chegara a "territorio coñecido" a organización mete o percorrido por unha senda de pescadores ó pé do río Sil por entre prados e árbores. Non sei si me favoreceu ou non, porque a isas alturas xa non podía xulgar se ia rápido ou a modo. Crucei o rio polas pasarelas e trotei ata o pé do castillo, alí atopei outro cruce marcado de xeito confuso e me fun por donde non era, sorte que uns compañeiros me indicaron e non andiven moito en balde. Subin esa costa con rabia e logo, trotei xa pola praza da Encina e a rúa do Reloj.

Ista foi a tarxeta de ruta:




As fotos están neste album web.

1 comentario:

ojordo dijo...

enhorabuena campeon, muy bonito y muyyyyy dura esta prueba, de verdad que te felicito, todo un CRACK