Bueno; outra volta. Misión Cumplida.
Onte fun coa compañeira a dar unha volta polos pés dos montes Aquilianos nunha ollada que é unha boa idea mais coa que debo ser algo crítico.
E hoxe pois participei con grande ledicia e sorte na Maratón de Toral de los vados. O título da entrada resume a sensación; co escaso adestramento específico que teño feito, facendo os Aquilianos hai 15 e andando 8 horas polo monte o día anterior pois tiña previsto unha marca de 3:30 ou mais. E vendo a meteoroloxía pensaba que ia ir peor...
Ata case a saída non vin a ningúen coñecido; dan o pistoletazo e arrinco, de seguida me alcanzan Chacal e outro compañeiro do foro co que teño cadrado en Viana do Castelo e en Cacabelos. Alí tiramos primeiro os tres e logo o compañeiro e eu, logo se nos xuntaron outros dous compañeiros de Vigo (do clube castrelos) cos que fomos xuntos moi cómodos falando e tal ata Cacabelos (Km 10 44'); na costa separamonos (Km 15 1h:06') e non voltamos a enganchar ata pasado Camponaraya; alí imos ben ainda con gañas de falar (MM 1:38'). Pasamos Ponferrada nun clamoroso silencio e xa na saida da cidade dígolle ó compañeiro que tire que eu debo baixa-lo ritmo...e parar a 'evacuar' por primeira volta nas miñas participacions deportivas.
Vou regulando e xa no 30 vexo que podo baixar un pouco da marca prevista así que tento non cebarme coa xente que me adianta nin coa que vexo que me vou achegando; só centrarme en beber e comer como tiña previsto, mollarme, ir pola sombra e trazar ben o percorrido. 2h:15'.
Moita xente vai sufrindo mais ca min, facendo paradas nos avituallamentos (todos ben provistos e atendidos magnificamente); eu sufro mais manteño un "pasiño de Kan" versión 'B' que me permite chegar ó Km 40 en 3h:08'. Apreto o pouco que me queda na costa da entrada e na da estación, logo vou sufrindo unha barbaridade no derradeiro cacho ó sol. Entro no estadio e acelero por costume; algúen me dí que xa non paga a pena, eu sigo e na meta posto 61 3h:20'33".
Edición 25 de Xullo. Xa hai fotos da organización só saio nas da saída.
No hay comentarios:
Publicar un comentario