Presenteime ás 5:30 na praza do concello tras media hora de concienzuda preparación botando vaselina, poñendo esparadrapos e repasando os bolsos que ia enviar ós puntos de apoio. Asinei a saida e din un paseo pola praza ata que avisaron da saida.

O primeiro tramo o fixen a un trote de quencemento suave, andando nas costas e fixándome ben onde pisaba. Xa ó pé do río lle puxen unha marcheta cómoda e constante entre os trinos dos paxaros e o suave percorrer das augas.



En Montes primeira mudanza; saco o pantalón longo, troco de camiseta, boto a crema solar e collo a viseira e a seguir. Cáseque corro polo camiño até o paso do regato e iso que correr cos bastons non me resultaba cómodo, logo comprobei a utilidade destes na forte subida cara ós canales de Peñalba.


Chego a Peñalba bastante ben de forza e de ánimo, encho o botellín, como algo e arrinco algo nervioso polo que estaba por vir.





Fago cima ás 10:34; demasiado mellor do esperado. Como, bebo, encho o bidón e teño que poñe-los manguitos pois alí (>2000 mts) sopraba unha viruxe molesta.


O camiño pola cresta dos aquilianos é impresionante e ofrece paisaxes que verdadeiramente merecen ser contempladas en silencio...

Unha vez baixado o pico de La Guiana o percorrido ata o pé de Ferradillo é moi agradable entre un bosque de piñeiros por unha senda/pista en boas condicions, alí lle piso o que podo pois vexo que a calor vai ser moita abaixo.

En Ferradillo novo troco de camiseta, nova dose de vaselina, deixo os bastons e cometo o erro de xantar medio bocadillo de xamón, iso sí, corrrendo. Xa imos outra volta coa xente da marcha B que nos anima i é de agradecer. A tremenda baixada/escalada cara a Rimor a levo con dignidade tentando evitar tropezos e mais picaduras das que xa tiña.
Na entrada de Rimor un cruce mal sinalizado me fai parar e tantear un rato a ver como vai isto...Mollo o gorro nun pilón do pobo e chego ó control xa algo abafado pola calor, encho o bidón, collo sandía e via. Polo asfalto cara a Merayo e Toral de Merayo conquiro por derradeira vez ter algo de ritmo na carreira.
Cando xa pensei que chegara a "territorio coñecido" a organización mete o percorrido por unha senda de pescadores ó pé do río Sil por entre prados e árbores. Non sei si me favoreceu ou non, porque a isas alturas xa non podía xulgar se ia rápido ou a modo. Crucei o rio polas pasarelas e trotei ata o pé do castillo, alí atopei outro cruce marcado de xeito confuso e me fun por donde non era, sorte que uns compañeiros me indicaron e non andiven moito en balde. Subin esa costa con rabia e logo, trotei xa pola praza da Encina e a rúa do Reloj.
Ista foi a tarxeta de ruta:

As fotos están neste album web.
1 comentario:
enhorabuena campeon, muy bonito y muyyyyy dura esta prueba, de verdad que te felicito, todo un CRACK
Publicar un comentario