Pois aló fun; a afrontar o meu problema coas carreiras de montaña e disfrutar da paisaxe.
Trátase dun sitio moi interesante tanto pola natureza que o rodea como polo arte que esconde
O percorrido prometía moita esixencia i eu non as tiña todas conmigo na saida...
Decidín ir con moita precaución e non arriscar nas baixadas, apretar o que as subidas me deixaran e mirar a paisaxe en parado; isto é: Nen unha distracción mentras corría.
Aínda así fixen algunhas fotos para que vos decatedes da dificultade e fermosura da proba.
Ista é a parte de baixada mais perigosa... Aló ó fondo apreciase un longo tramo de pista cáseque sen desnivel onde se puido 'correr' de verdade.
Esta outra é un exemplo dos sitios polos que había que pasar.... Nalgun tramo había algo de difucultade pois era dificil ir rápido malia que o terreo fora chan: a pendente lateral da senda, a lama, as follas etc. pedían moita atención.
Ista que vos poño como derradeira é dende o alto unha vez pasado Manzanedo; ó fondo vese a "olla berciana" e o fume da central de compostilla.
Ah; eu moi ben: 1h 58', nin me caín nin me manquei. A ver como me senta.
EDICIÓN 18/05: Posto 20 de 121; tempo oficial 1h58'35"
No hay comentarios:
Publicar un comentario