O adestramento de hoxe foi moi pero que moi especial primeiro porque foi unha carreira mais non competitiva, segundo por celebrárense ó mais puro estilo praticipativo pois conxuntamente se celebrou unha andaina para paseantes e camiñantes e terceiro pola compaña: Chus Alonso, José Manuel Tómbrio, Jorge, Luis, a xente de Aros 5 e a de Ruta Sport... O percorrido e a meteoroloxía foron ideais; as pistas do barrio da Martina son chairas e anchas con pequenos repeiros duns 50 mts. e sen perigo coa circulación.
Saimos os corredores todos xuntos e así fumos ata ben pasados os 25' falando i escoitando leccions do 'mestre' Alonso, calibrando as vindeiras ocasions e proxectando ideas para o futuro. Logo viñeron 15' de "burro el último" que foron tamén divertidos. Boas sensacions e mellor lembranza. A ver como me senta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario