Pois si; eu, o eterno pesimista manifesto que levo unha boa semana, non é que os rexistros sexan mellores que outros días, é só que as sensación son boas... Semella que estou en progresión e só tento ter coidado de non romper e non caer no sobreadestramento.
Mais esta boa condición non fai mais que acrecenta-lo disgusto por non ter podido acudir a Pontevedra a participar na media maratón. Pode que resultase un adestramento "lixeiro" en comparación coa hora e media de monte que fixen o Domingo, mais o pracer de participar con tantos colegas e de comparar o rexistro co do ano pasado (1:23:26 un rexistro que non esperaba) houbese sido moi interesante. Non puido ser e xa non será.
Onte "o chispas" fixo o seu primeiro triatlón... Fomos na bici á actividade da escola municipal de atletismo e, ó rematar, subimos na bici ate a piscina á clase de natación. Rematou moi contento e ceou coma un campeón. Gustoulle e pasouno ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario