15 oct 2006

Alija del infantado - La Bañeza


Por fin puiden cumplir un paso da preparación que tiña deseñado...ainda non sei ben con que obxectivo.


Fun facer un adestramento "real" a La Bañeza mais coa esperanza de facer unha marca algo mellor que a acadada. Bueno, vai o resumo.

.

A meseta recibiunos cun amencer vermello, mais frio.

Fumos directamente até Alija ainda que a organización puña autobuses, recollimo-lo dorsal e pagamo-los 4 € da inscripción (con dereito ó xantar de paella). Había bastante mais xente da que eu agardaba pois tamén se celebraba unha andaina (ogalla que este modelo se extenda) popular.

No quencemento atopei á xente de Ponferrada e alguns amigos do clube Pato Blanco de Celanova que tamén interveñen en Correr en Galicia. O frio ia marchando segundo saía o sol...
Alija é unha vella vila do páramo leones que viviu días mellores dos que conserva pequenos tesouros que falan da dureza da vida neste ermo territorio e dos traballos agrícolas.

Saímos con 15' de retraso para darlle algo mais de marxe á xente da andaina; como me sinto ben e me quero probar vou tirando por baixo dos 4'/Km. até o 10 no que a lixeira mais contínua subida me pasa unha factura que non agardo e decido baixar un pouco o tren... Vou rosmando sobre a falla de forza, certas molestias das costas e os adiantamentos que imos facendo á xente da andaina que non para de animar e os coches que non paran de molestar (outra volta o tráfico non está totalmente cortado) e tentando beber nos avituallamentos (cada 4 km. iso si, só líquido)

No Km. 17 no que hai un autético repeito (curto); curiosamente con este troco de ritmo 'revivo' e volto a tomar tren; xusto ó cruzarmos ó lado do circuito de motocross arrinca unha baixada bastánte pronunciada que nos leva até a meta na moi tradicional praza maior de La Bañeza: 1h:27':27". Recollo os pintorescos agasallos (Camiseta de rigor mais unha bolsa de lentellas -típicas da zona-, unha cunca de barro e unha culler de madeira); saudo ós amigos que xa chegaron e lisco.

Coidaba poder facer 1:25' mais non tiven forzas ou mais ben non tiven ritmo porque ó chegar non me sentín canso e, de feito, seguin o plano para o día como se tal cousa. Iso si, dempois dunha estupenda DUCHA CONXELADA no pavillón de deportes.

No hay comentarios: