18 jul. 2017

Bó Strava e morreu SportyPal

Pois si, tras 7 anos chegou o momento de empregar outra app para rexistra-los adestramentos porque SportyPal semella abandoada á súa sorte polo menos para o modelo de móbil que eu emprego que xa me avisou que na seguinte renovación do sistema operativo a app non funcionaría.

7 anos e 877 actividades principalmente correr e bicicleta mais tamén algunha camiñada como non hai opción de descarga dos datos capturei os mesmos mes a mes para poñelos no excel que levo de actividade... o que si ofrece a páxina de SportyPal é un gráfico resumo da actividade tanto en velocidade media como en distancia percorrida.

Aquí volo deixo por si é de interés: Carreira


Bicicleta


Pero como o de que o móbil rexistre a actividade me semella moi práctico pois indaguei sobre outra app e ó final aconsellado pola xente de correr en Galicia e lembrando os consellos de algún colega mais escollín Strava.

A verdade é que a app funciona ben pero só consigo rexistra-las saídas en bici (e si correra pois tamén) pero non sei como carallo "meter" outro tipo de actividades e tampouco consigo que me vaia dicindo cantos km levo no mes así que teño que confiar en @clubdelpaseo ou ilos levando eu.

Xa conseguin a "conexión social" gracias a que Strava admite IFTTT e o relacionei co meu twitter (e de ahí vai ó FB). Tamén o conectei cunha folla de cálculo de google pero apenas garda a data, a distancia e o tempo e enlaces á imaxe do mapa da saída e á páxina de Strava da actividade. A descarga que permite Strava é en formato .gpx polo que faría falla un software de navegador para empregalos.

O mais entretido de Strava é o tema das clasificacions (si fas rutas estandarizadas por outros ou unha túa pública que outros fagan) e os segmentos que son anacos do percorrido no que "compites" con outros participantes e contigo mesmo (esto pode ser interesante). Os segmentos os podes definir tí si queres pero sempre que entras nun (teu ou de outro) a pantalla da app xa che vai cronometrando como vas no segmento... vamos moi competitiva.

Este será o meu novo perfil en Strava; porei un widget coas saidas da bici no lateral do blog si decido seguir con ela.
Publicar un comentario