Blog específico para ás miñas actividades de exercicio e ó deporte en xeral
22 jul 2017
Tiña que pasar: o "fakesportismo"
Nunha era na que gañar e non "competir" semella ser o único que satisfai á xente e na que grandes multinacionais como o "Real Madrid" ou o "Barcelona FC" crean a ilusión de que se pode gañar sempre a reacción á frustrante realidade (non se pode gañar sempre, e mais; o mais frecuente é non gañar) é o "postureo".
Dende o meu punto de vista a creación de "servizos" que simulan a realización de actividade física para subila a aplicacions onde ser partilla este tipo de cousas ten mais que ver con esa intolerancia a non gañar (azuzada pola mala xestión dos comentarios de outras persoas coas que se cree "competir") que polo suposto "exibicionismo social" que poden impulsa-las ferramentas TIC.
De sempre houbo este tipo de círculos nos que a conversa semellaba unha liorta de "machos alfa" para ver cal "a ten mais grande"; o que fan as TIC é amplia-lo círculo e permitir chegar a persoas ás que non se coñece... pero é a mala xestión do ego e do contraste da realidade a que leva á xente a estes extremos de postureo.
Trampons sempre houbo... eu lembro xente artellando estratexias para esconderse e gañar en carreiras populares de 5 km¡¡ nas que só corriamos os do pobo... están tamén os que atallan en cada recuncho dunha carreira popular, os que toman anabolizantes nos ximnasios, os que empurran na saída das carreiras e os que se poñen diante ainda que o seu ritmo sexa para chegar atrás...
A competitividade non é mala si se entende como un estímulo para a propia superación pero cando o ego só admite "vencer" (en absoluto ou en relativo) e non se teñen habilidades de xestión das relacions persoais para sobreleva-los comentarios dos "matons de patio de colexio" pasan estas cousas... senon peores. Coñecemos casos de xente que por mor de "non perder" caeu lesionada cando non perxudicada por productos tóxicos ou morta.
Así que xa sabedes: o mais sano é "perder" sempre que sexa con esforzo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario