Pois as cousas hai que tomalas coma veñen... Non me mancou nada correndo nin estirando pero antonte algo me fixen no xeonllo esquerdo que me molesta bastante sobor de todo ó porme en pé. Por riba onte non puiden ir nadar porque tiña un compromiso cinematografico familiar pero hoxe desquiteime; collín a roupa de abrigo do Lidl (qué boa é) e me botei á estrada entre unha mesta néboa.
40 km en 1h 24' o que non está mal para levar 1 mes sen dar pedal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario