O certo é que o Domingo en Pontevedra rematei tan ben que xa me preguntei poqué no acuadía á pedestre si quería ir a Compostela o mesmo día... e vendo o martes que seguía todo enteiro no meu xeonllo esquerdo me decidín.
Hai rutinas que son moi boas e a min o de ir sempre a aparcar ó mesmo sitio me resulta e moito. Collín o dorsal cedo e fun almorzar (de segundas) topei un grande correlega e alí estivemos platicando un bó rato; logo arrinquei para os preparativos e un lixeiro quencemento non sin antes departir no obradoiro co nutrido grupo de "marisqueiros" que acudiron á proba.
Tra-la foto de rigor para o foro (cada vez acude menos xente ás foto-kedadas) fun cara á saída onde puiden disfrutar da compaña de xente querida e coñecida e do inestimable consello do SEÑOR M. Rosales unha lenda do noso deporte.
Saín tentando evita-las aglomeracions e os grupos que, por riba de porse diante sabendo que van a ritmos mais suaves se poñen en fila ó ancho. Rematei a costa con boas sensacions e seguín apretando ata xa a avda de Lugo no que escomenzou o que dei en chamar "déficit de O2" ou sexa que non ia mais. Regulei un pouco e nese ritmo (moi alto ainda <4'10"/km) fun ata o km 3. Ainda voltei a tratar de forzar xa baixando a rúa da Rosa pero dende alí xa non volvín a baixar dos 4'20" ata vite. A costa esta vez non a subín a lume nin me saiu un berro para escomenzala pero dende arriba tentei non deixar nada dentro de min e fixen eses 2 derradeiros kilómetros <4'. Rematei en 50'18" (50'02" netos e 50'24" polo SportyPal) o que dá 4'12" de media non é a peor marca que teño nesta carreira e só son 50" mais que a derradeira vez.
A verdade é que pensei que ia peor do que estaba facendo e non tiven ningunha molestia nos xeonllos (e mira que pasei medo nas rúas empedradas) así que haberá que valorar ir á San Martiño.
Historial nesta proba
49' 28" 2009
51' 50" 2006 (O día anterior fixera 2h de adestramento e fun de Voda ata as 4 da mañan)
47' 19" 2005
49' 16" 2003
No hay comentarios:
Publicar un comentario