23 oct 2011

Pontis Veteris, pontis aquensis

Hoxe acudín á liña de saída de Pontevedra a participar no desafío dunha media maraton sen levar mais que un adestramento de "fondo" pero coa tranquilidade que dá non esperar ren.
Nada mais chegar ó estadio rematou a sequía e escomenzou a chover para acompañar ó vento que sopraba dende cedo a temperatura seguía sendo moi boa para correr, pero para a xente que lle tiña gañas á súa marca xa non ia se-lo mesmo.
Quecemento light como manda a lóxica do pouco preparado e saída na parte traseira do caixón para non estorbar. Primeiros kilómetros contemporizando e buscando referencias dun paso xeitoso pero non lento, nos intres de vento perseguindo unha espalda e nos momentos de calma falando coa xente ou bromeando... "pechade a porta" e cousas parecidas.
O circuito é moi chan salvo un par de costan non moi duras na propia cidade. Avituallamento só auga cada 5 km e o público malía á choiva animaba bastante, pero especialmente quero facer referencia ós voluntarios porque levaron unha boa molladura e aínda así non deixaron de animar nin de vixiar o punto que lles correspondese.
Os primerios 10km os fixen mellor que en Sada (44'10" segundo ChCh) pero sentín alí algo de cansanzo e afrouxei un chisco, xa no 12 me sentín mellor e voltei a apretarme para non perder á xente coa que ia cando me vin no 16 con gañas aínda de tirar  me alegrei moito e deixeime levar por esa sensación así que xa se ve no Sportypal como, salvo nas costas, os tempos desta parte compensan eses 2 km de respiro. Atravesando a parte vella polo camiño de santiago apreto ó 90% e paso o km 20 en 1h29'55" eso anímame e lanzo un último esforzo que me leva á meta en só 4' mais como tamén reflexa o gráfico... total 21,2 km en 1h34'



Coido que mais importante que non facer peor marca persoal (cousa que pouco me importaba) foi a boa sensación que tiven cáseque toda a proba e, sobor de todo, o forte ritmo do final e o ben que me atopei ó chegar á meta. ahh, esquecíao 436 de 1085 chegados á meta.

No hay comentarios: