30/06/2010

Sufrindo ata o limite.

Saín a "correr" a 32º 1h. fixen 13 km. e gracias... perdín 3kg de líquidos non sei si este desgaste vai traer nada bó.

Por desgracia o Sportypal toleou:


Non sei... os satélites teñen esas cousas.

29/06/2010

O roteiro da ilusión

Saín a reatoparme coa miña loira mais que nada por non perde-lo contacto coa bici que facer non fago gran cousa



27 km/h de media non é moito, pero teño boa sensación da zona entre Cacabelos e Toral.

28/06/2010

Reencontro longo

E voltei á piscina de 50 mts.

1500 mts en 30'.

A verdade é que a confianza fai moito, nin por un intre dubidei nin da temperatura nin de si había xente ou non...boteime a elo e punto. Agora a mellorar.

27/06/2010

Adestrando a calor.

Hai que irse afacendo á "media deshidratación" para a carreira do 24.

1h 03' 14 km. a 27º.

26/06/2010

Nouturnio en Celanova...

Tras divagacions varias por mor de moitos trocos e contratrocos nas cousas previstas puiden inscribirme e participar na Carreira Nocturna de Celanova.

Evidentemente non podo deixar pasar esta entrada para agradecer ó Admin de Correr en Galicia que me pedira que o acompañase no palco para recolle-la placa de homenaxe que a organización da proba lle entregou ó foro de correr en Galicia; para min é un privilexio compartir o foro con tant@s corredor@s e poder participar na iniciativa do circuito de carreiras populares.

A carreira en si; magnificamente organizada aínda que teño que reitera-las miñas precaucions ó fermoso tramo de ida e volta por unha rúa estreita da vila. Percorrido moi variado tanto por perfil como por superficies; grande participación e moita entrega do público e da vila en xeral, puidemos escoitar música en tódolo percorrido e moi variada.

Non me saiu nin ben nin mal; houbo un momento no km3 que o menisco esquerdo quixo lembrarme da súa presencia, pero non lle fixen P... caso e seguín. No derradeiro paso pola casa de Curros Enriquez botei o resto e malia que non conseguin vencer ó meu acompañante fun quen de rebaixa-la media ata 4:30 (para 7,4 km oficiais que eran algo mais) o que semella que vai ser o meu paso agora.

Polo demais destacar a presencia de moitos clubes do pais e de Portugal e a grande carreira dos meus colegas Cristian e Pepe Nercellas.

A ver si podo seguir adestrando para a media de Ponferrada e non ter mais problemas.

23/06/2010

Segundo adestramento de "desmañotización"...35' sen moitas forzas pero noto que non hai lesions fora da uña do pulgar do pé esquerdo. Agora a pensar na vindeira seman, que non trouxen mais roupa para estes días.

21/06/2010

Primeira sesión de recuperación: Tras unha viaxe en bus fun pola mañanciña a trotar uns 20' para comprobar que todo sigue no seu sitio e mitigar as mañiotas un pouco.

20/06/2010

Aínda podo.

Outra para o saco.

3h:32':23" e 74 de 148

Estou razoablemente contento porque fun cómodo ata o km. 37 e a partir de ahí souben sufrir para chegar.



Non me gustaron os trocos organizativos; nin o atraso de horario nin as voltas por Toral (a costa do final sigue igual). Aínda así a organización a moi bó nivel, en especial @s voluntarios.

Agora tentar non apodrecer nesta semana de curso e, cecais, participar na carreira do fayedo de Busmayor...ou xa prepara-la media nocturna de Ponferrada.

.

18/06/2010

Last chof¡¡¡ before maraton

Tras unha looonga xornada laboral o derradeiro chapuzón...

100+1100

Mágoa que este frescor non me dure para o domingo e que atrasaran a hora de saída... presto para sufrir.

17/06/2010

Adestramento final

Unha mañan preciosa para correr, sen medo, sen agobio, !!sen molestias¡¡



9.5 km en 44' (axustes de tempo polo tema mochila)

Toral: Aló vou.

16/06/2010

Natación Suiza

Tras ver como o meu fillo perdía por primeira vez 90' da súa vida diante da tele vendo un partido de futbol e sufrindo...e pasalo eu pipa no twitter cos comentarios fun nadar.

100+1000

15/06/2010

As dúbidas resolvense preguntando

Eu pregunteille ó meu corpo e díxome: Lento, pero podes.

Hoxe fixen 1h 27' sen apenas cansarme e SEN MOLESTIAS; así que me inscribo para a Maraton de Toral co obxectivo de facer 3h 45'.

O Sportypal hoxe non funcionou...non inicializaba o GPS, espero que non sexa nada serio no mobil e só un problema na aplicación.

Mañan auga, pasado corre-guardia, venres mais auga e logo "eso"...ahhh si o tempo estivese como hoxe¡¡¡

13/06/2010

Completando e recuperando

Bueno, hoxe volta curta de Campo (antes a chamaba 'rápida'; pero eso quedou atrás). Sorprendentemente á mesma media que onte.

12/06/2010

Nocturna del pajariel

Todo remata por chegar e eu que aínda non fora correr esta proba "familiar" pois alí me presentei gracias á información de tribeerzo e á amabilidade da xente de rutas del bierzo.

Unha vez que me explicaron o percorrido pensei que o peor que me podería pasar sería unha mala pisada...a proba estaba ben organizada para ser todo "feito na casa" marcas cada 2 km, cruces sinalizados, pistas anchas, bebidas en meta...un ambiente xenial de xente que gosta de correr e partillar.

Como se pode ver no rexistro saiume bastante ben para como estou porque no tramo ese de subida cáseque fun andando...pero noutros din 'zapatilla' achegándome ós 4'/km...no tramo final pasei algo de medo de pisar mal.

O único que lamento e ter marchado antes da cea; pero é que me estaba a coller o frío e logo me decatei de que non quitara a camiseta coa que correra.

10/06/2010

Alegre e con-lento

Ou sexa contento+lento.

O GPS quíxome xogar unha broma e toleou...pero a realidade é que corrín 1h 16' e fixen 16 km. (4':47")...eu saín todo alegre porque me puiden inscribir para a carreira nocturna do pajariel deste sábado pola noite..e as pernas nin as notei.

Mañan osteopata.

09/06/2010

Natación: 100+1000 (19')... a verdade é que podía ter nadado na rúa...que xeito de chover¡¡¡

08/06/2010

E será así xa sempre?

Sigo mooooi lento, pero correndo... hoxe disfrutei dunha desas saídas que me gustan porque chove miudo, a temperatura é moi boa e a terra está mollada o xusto.



Non fago boas medias e remato moi canso pero recuperome deseguida. Con estes ritmos non vou facer Toral nin en 4 horas.

06/06/2010

Como en Olmo sen sair da casa

Aprendendo a sufrir...Saín a facer como si fora unha "segunda media" e claro agoteime pero ben.



A media de 5'/km o dí todo; o terreo, o cansanzo acumulado, a falta de almorzo...etc pero insisto que era para simular unha segunda media.

05/06/2010

Ferreira de Pantón e novo chupete de powerade

Bueno, hai que aproveitar cando se pode, e eu hoxe quixen facer unha desas toladas de facer 2h de coche para correr 30'.

Fun a Ferreira e fixen ben, que alí había un ambiente xenial, unha temperatura estupenda e unha ruta marabillosa para compartir. Probei co Sportypal...



Supoño que teña 5" de mais no tempo, o resto está ben; gústame especialmente que subes a ruta á páxina e partillas de xeito inmediato, tamén me gusta a gráfica de velocidade/altitude (facendo clic en Vel e Alt)...fixen unha media de 4'22" pero tiven moitos tramos a 4'00" e topeime ben.

Tamén tiven ocasión de probar a nova boquilla do Powerade que é bastante mellor pois bota mais e sen necesidade de estar parando a deixar pasar aire.

Agora a estirar mais que sinon a osteopata me vai rifar.

04/06/2010

03/06/2010

Adaptación en tempos de calor.

Onte non puiden sair na bici pola mañan e pola tarde tiña unha cita e varios asuntos domesticos ata as 8... levamos ó gaiteiro ó ensaio e demos un paseo de hora e media por Columbrianos, Fuentesnuevas e volta por Compostilla ata Columbrinos...e se me ocurriu aproveitar que estaba coa ropa de ir á osteopata e dixen "eu volto correndo"..e alá que me viñen 8.7 km 40'...no solpor.