Tras divagacions varias por mor de moitos trocos e contratrocos nas cousas previstas puiden inscribirme e participar na Carreira Nocturna de Celanova.
Evidentemente non podo deixar pasar esta entrada para agradecer ó Admin de Correr en Galicia que me pedira que o acompañase no palco para recolle-la placa de homenaxe que a organización da proba lle entregou ó foro de correr en Galicia; para min é un privilexio compartir o foro con tant@s corredor@s e poder participar na iniciativa do circuito de carreiras populares.
A carreira en si; magnificamente organizada aínda que teño que reitera-las miñas precaucions ó fermoso tramo de ida e volta por unha rúa estreita da vila. Percorrido moi variado tanto por perfil como por superficies; grande participación e moita entrega do público e da vila en xeral, puidemos escoitar música en tódolo percorrido e moi variada.
Non me saiu nin ben nin mal; houbo un momento no km3 que o menisco esquerdo quixo lembrarme da súa presencia, pero non lle fixen P... caso e seguín. No derradeiro paso pola casa de Curros Enriquez botei o resto e malia que non conseguin vencer ó meu acompañante fun quen de rebaixa-la media ata 4:30 (para 7,4 km oficiais que eran algo mais) o que semella que vai ser o meu paso agora.
Polo demais destacar a presencia de moitos clubes do pais e de Portugal e a grande carreira dos meus colegas Cristian e Pepe Nercellas.
A ver si podo seguir adestrando para a media de Ponferrada e non ter mais problemas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario