19 dic 2010

A mellor sorpresa: A que te das a ti mesmo.

A verdade é que eu hoxe ia a Lugo por tradición e polos puntiños claro... resignado a ver como empeoraba novamente o rexistro nesta proba á que tanto cariño lle teño e na que tanto frio se pasa.

Contando os ritmos que tiña nos adestramentos e nas derradeiras probas e sabendo o cansazo acumulado das derradeiras 36 horas pois calcurara eu que faría uns 45' no total da proba.

Mañan fría pero non tanto como o ano pasado e con abondosa participación de toda Galicia, Bierzo, Asturias e Norte de Portugal. Recollo o dorsal das mans de Paco e volto cara ó coche que o aparcara estratéxicamente perto de onde dixeran que serían as duchas. Quecemento na Avenida Ramón Ferreiro ata 15' antes da saída que vou para a kedada ó lado da saída. Foto de familia e para o caixón... porque aquí actuouse con lóxica e se fixeron 3 caixons segundo os tempos do ano pasado o que era absolutamente preciso dado estreito do sitio.

Tra-lo motivador acto da marcha contra a drogadicción saimos; eu algo a modo, pensaba, porque xa estaba ben situado e só tiña que coller calor e ritmo, cando me vin no km 1 en 3'50" asusteime un chisco e tirei mais do freno aínda. Pero ia cómodo e seguin tirando pensando en que xa me chegaría a hora de afrouxar.

A primeira volta ata a costa a fixen toda por baixo de 4' e logo baixei bastante o pistón, pero de seguida me rearmei e voltei a apretar ata que topei con Lucía xa no km 5 (xusto en 20') dende aquela fumos mais ou menos parellos e cun ritmo bastante constante que me permitía alonga-la zancada nas baixadas e tomar folgos; no km 7, antes da porta da muralla, xa pensei que non podería mais pero seguin con forza na costa de entrada á muralla e me sentín moi ben ata a meta que entrei en 40'14"  (só 2' peor que o ano pasado) no posto 287. Quedei pois sorprendido de min mesmo e satisfeito sobre todo polos ánimos que presentei durante a proba.

1 comentario:

MAKY dijo...

HOLA SALVA, NO ESTUVO MAL 40´EN LUGO ESTA BIEN, A VECES CUANDO UNO PIENSA QUE ESTA MAL, LAS PIERNAS DICEN LO CONTRARIO.
YO ESTABA INSCRITO , PERO POR PROBLEMAS LABORALES NO PUDE IR..... Y YA VA 3 AÑOS¡¡¡¡¡