A mente é a que mais corre unha vez que as pernas poden.
Magnifico día no meteorolóxico e moita participación (cáseque 1000 inscritos dos que chegamos 644) aínda que eu notei o ambiente algo enrrarecido; cecais imaxinacions miñas.
Salutacions varias a tódolos foreiros e xente coñecida, quecemento nun patio interior de vivendas e rapidiño cara á saída. Situeime ben, algo adiante mais sen estorbar dado que aínda que o arco de saída era estreito a estrada foi ampla no primeiro kilómetro permitindo o paso dos mais rápidos que sairon algo atrás.
Tentei ser conservador porque non tiña o corpo moi "católico" pode que a bici do venres no me prestase ou cecais as botellas de viño da finde... o caso é que non as tiña todas conmigo e fun tranquilo.
Km 5 21' pero as pernas frías e a cabeza a cavilar que podería facer para toparme mellor. Deixei ir á maioría da xente que me adiantaba porque xa via eu que non debía cebarme antes da costa de Neda.
Km 10 42' e xa ia collendo color o tema, polo menos me via en condicions de rematar e aínda non lle perdera a estela á marca. Collín varias veces o ritmo de xente que me pasaba, pero as miñas pernas emitían mensaxes contraditorias así que ata Neda mesmo (xa baixo a autoestrada) non escollín compaña.
Co solciño de fronte e a baixada a Fene tomei o meu ritmo e me preparei mentalmente para As Pías. O cartel do Km 15 estaba como 1 kilómetro adiantado (para non ter que face-lo avituallamento no medio da ponte) pero non importou moito, xa sabía como iba. Mirei cara ós pes que tiña diante e fun respirando tranquilamente aliviado pola ausencia de vento.
Xiramos para bordear Caranza pola avda do mar e tomei conciencia de que podía chegar en tempo pero que quedaban, cando menos, dúas costas fastitidadas e non tiña ben controlado como era o tema da meta... apreteime o paso un pouco agradecendo os ánimos do público e animando ó amigo Nacho que as estaba a pasar fatal por mor da lumbalxia.
O "divertimento" do 'sabor Ferrol' foi algo duro e non puiden xa recuperar o tempo que cedín ó principio polo que ó entrar na praza o crono xa marcaba 1h30' pero apretei para entrar nese minuto. 1h30'42"
Segundo SportyPal 21.2 km en 1h30'48" (4'16") Polo demais; falando coa xente e saudando a Javier Gomez Noya que pasou pola meta a ver ós amigos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario