Outra volta participei na proba desta parroquia afeita xa a dar un "master" en organización e motivación humana cada mes de Maio.
Corrín a proba curta por aquelo de que nin teño forma nin coido te-la perna en condicions e fixen ben; porque non houbera podido correr mais de 12 km...
Foi unha gozada falar con tanta xente coa que levo tanto tempo nesta "droga", xente do foro e xente que só lee ou nin eso. Todos coincidimos en que hoxe había que estar e, malía a ameaza meteorolóxica, que a organización voltou a se superar... tanto foi así que o tempo abriu e corremos gran parte da proba con sol.
As carreiras dos raparigos como sempre do mais agardado e do mais satisfactorio...hai futuro. Persoaxes ilustres como Pedro Nimo e o homenaxeado Alejandro Gómez e xente coñecida como Jesús B. ó que puiden darlle o pésame persoalmente polo pasamento do seu pai.
Non couallou entroques a necesaria lembranza tanto para Don Julián como para o compañeiro corredor falecido estes días atrás en Ourense.
Sairon os da media e boteime a quencer con moito medo, estirei...a cabeza do peroné facíame 'cóxegallas' e a cousa non pintaba ben. Concertación na saída e ¡veña que vai! arrincamos. Eu suave, tanto que o 1º foi o peor kilómetro (4'36") co xoenllo e o nocello vacilandome, nos tres seguintes decidín esforzarme un pouco e apreteime conquerindo facer a 4'05" os 3; logo xa non me puiden manter e seguín cun pasiño que tolerase a carga que xa sentía na perna esquerda. No 7 adiantame un grupiño e tento seguirlles o paso...co que acabei de estragarme; xa na costa do final apretei para ver di "rompia ou rachaba" e bueno, a perna non rompeu nin o músculo rachou, pero doer doeme e unha vez en frío coxeo ostensiblemente...fixen 41'09" polo meu crono a 4'25" que é o de menos, pero debo de me ir acostumando a eses ritmos.
Para mostra un boton...que mala cara e só iban 200 mts.
A ver si para o ano podo voltar á media....
1 comentario:
Eu, a esa altura, xa ía "petado" de todo... non sei se foi a subida ou que saíu de repente o sol... i eu cun chuvasqueiro... en fin...
Publicar un comentario