30 may 2010

Betanzos 2010

Acudín á XIV media maraton "Volta á ría de Betanzos" coa intención de probar a resistencia das miñas articulacions e tendons e en busca de puntos que me deixen en primeira do circuito ainda que só sexa un ano mais.

Moi bó ambiente e meteoroloxía. 330 Inscritos e unha organización fantástica moi rodada e sen prepotencia de ningunha clase apoio loxístico do clube ciclista da vila, de protección civil e da G.C. postos de avitauallamento ben servidos, duchas, masaxe, xantar na meta. Todo estupendo.

Moitos coñecidos na saída entre eles alguns dos "magníficos" bercianos como Luis P., Basurko e Chus Alonso, vencedor da proba malia ó esforzo de Manute por celebrar o seu aniversario coa ansiada vitoria na proba.

Saín, como sempre, por riba das miñas posibilidades pero xa me decatei delo antes de enfrontar a costa de "A Angustia" nas que me tomaron estas fotos...suplicando polo seu final...




; logo fun atopando o meu paso sen fixarme noutra cousa pois nin levaba crono nin preguntaba nos pasos polos kilómetros; cardiopulmonarmente topeime moi ben e só tiña que ir mirando as sensacions das pernas, na subida a Pedrido pensei en apretar pero ó remata-la ponte xa me 'mordía' o menisco da esquerda e afrouxei...con tranquilidade seguin ó paso que a molestia me permitiu ata que, chegado ó km 15 desapareceu e voltei a botarme cara adiante, dende o 18 fun quen de ir incrementando o paso e cheguei ó 20 con clara sensación de "sobra" de xeito que botei un sprit na recta de meta.

1:37:28 a miña peor marca en media maratón, a miña maior alegria nunha carreira: Aínda podo correr.

1 comentario:

Anónimo dijo...

O teu é certamente espectacular. A lenda do indomable. Parabens e a seguir loitando. "Hasta la victoria siempre". A victoria para nós é que o espectáculo poida continuar. Saúdos.