30 ene 2009

Ventos de ideas...

Bueno; pois inicio o prometido 'tag' das circuitadas reflexionando sobre un fermoso escrito que circula por ahí e que fala dende fora de 'eses tolos que corren'.

A esencia dese escrito é un dos grandes campos da psicoloxía: A motivación. E de motivación vai a idea que un día veu co vento nunha longa rodaxe aló por 2005 e a que unha boa persoa alentou e lle deu medios e liberdade para levarse adiante.

No 2006 fixemos unha primeira edición bastante prestosa con apenas 43 inscritos e moitos problemas no que a continuidade de traballo e a transparencia dos datos se refire; xusto no remate conquerin que a folla de cálculo de google funcionara de xeito público...

Con moitas mais ideas rondando no caletre e moita mais ilusión escomenzamos o traballo en 2007; a entrega incondicional do Admin. e os outros correlegas facía supoñer que os mais de 100 inscritos terían motivos dabondo para se felicitar; porén non foi así. Foi un estrepitoso fracaso do que xa teño recoñecido a miña gran parte de culpa e que simplemente precisaba 'demasiado tempo' para cada resultado.

Logo veu o intento á desesperada de 2008 no que, básicamente, non tivemos tempo para reflexionar... e non fructificou; mais como "somos corredores de fondo" non nos rendimos porque os motivos seguian a ser importántes e as consecuencias deses feitos nas persoas e nos lugares aínda semellando imperceptibles daban sinos de esperanza.

Din os popes da xestión que "na simplificación está o éxito" e semella que este está a se-lo caso da edición 2008/2009 do circuito que xa vai polos 227 corredores con resultados enviados e mais de 300 inscritos.

Logo, xa está?. Pois eu penso que non, o noso caletre non para de darlle voltas ó tema de motivar á xente para que siga a facer algo de deporte, adestrando e participando nas probas populares... as clasificacions entre localidades son un exemplo, pero haberá que ir adaptandose á capacidade de traballo que temos e mantendonos no plano da realidade dos medios cos que contamos. A aparición de 'similes' locais lonxe de nos amolar nos enche de satisfacción, aínda que non se trate de ideas relacionadas, porque teñen a mesma finalidade e manteñen (no que coñezo) a esencia aberta e participativa como emblema.

Queda moito por facer, moitas carreiras, moita xente que quixera correr 'contra' xente do seu nivel, idade, etc... haberá que seguir estudando melloras e como implementalas sen parar esto.

Prometo que a seguinte "circuitada" xa vai ser en modo:'diario deportivo'.

29 ene 2009

Outra volta mal

Hoxe outra vez desfalecin por non deixar tempo entre xantar e adestrar.

Quencemento 15'

2 x 4000: 17'00" e 16'57"
1 Km. 4'03"

Certo é que o terreo embarrado e as zapas me facían perder tracción mais non me sentín ben e iso conta.

27 ene 2009

Costas variables

Non, non se trata de unha descripción xeográfica senon da sensación que tiven hoxe... en verdade foron a mesma persoa e a mesma costa a de estas series?:

Quencemento 20'
Costa da Avda. del Bierzo; 500 mts. recuperando a baixada a trote.
2'01",2'09",2'14",2'14",2'19"···2'13",2'18",2'19",2'21" e 2'19".

26 ene 2009

25 ene 2009

Estrea contra a adversidade

Bueno, alá foi. Por primeira vez participei nunha carreira "pechada", é dicir só para federados. Foi o campionato provincial de cross que se celebrou hoxe pola mañan en A Rúa non sin antes pasar por unha serie de dificultades que incluen tódalas variantes da meteoroloxía desta fin de semana ó longo de 350 km. de conducción ó que se lle engadiu o pinchazo de unha roda e que me fixeron dubidar de si chegaría ou non á cita.

Finalmente cheguei e con tempo para apreciar o dificultoso que é organizar un evento desta índole cando o tempo se complica como nesta xornada; xusto puiden ver ós rapaces das categorías menores chegando de 'nadar' o circuito...non serían os únicos.

Contacteí rápidamente coa xente do ADAS que me percurou os apoios que precisaba e me orientou sobre á hora da proba na que corría... Debido ó reparto de categorías desta volta non corrín na carreira de veterans (B,C,D... >45 anos) senon na de seniors (como veterán A > 35 <44 anos) así que adiquei un tempo a animar ós coñecidos que participaban na 'festa de lama' e ir catando como sería o que tocaba.



Quecín uns 15' e voltei ó coche a polas zapatillas de cravos que me prestaron; quedei xa co pantalón e a camiseta de correr e mais cun chuvasqueiro que decidín 'sacrificar' para manterme quente no canto non saíamos.

Chovía con presteza e nos puxeron na 'praia' de saida (dito en 'modo retranca') e aló imos;



como ben se sabe a miña obsesión é non ser dobrado así que vou tirando como podo para que non me saquen moito na primeira volta ata que vexo caer a un compañeiro xusto diante miña; alí digo: "hai que ver onde se pisa e deixar que cada quen corra o que lle pete" e así vou regulando esforzo e pisada segundo o terreo; xa na 4ª volta vexo que non vou ser dobrado e tento acadar alguha posición mais, pero lonxe de elo perdo outras dúas con dous rapaces, un de eles do meu clube que, a verdade, ia ben sobrado e seguramente podería ter tirado mais dende o principio; chego a meta sen sensibilidade nas mans e nas pernas





o chuvasqueiro está empapado cáseque non son quen de colle-la chave do coche do peto... estiro algo e saco os cravos e os calcetins que foran negros eran marrons.

Vou ás duchas (bastante de agradecer estando o día así) e vexo que todos estamos algo aterecidos polo frío. Pregunto no posto de xuices e confirmanme o tempo 29'30" (eran 7 km coido) e posto 17 de 38 chegados á meta. En fin, non estivo mal. Espero ter estado á altura da confianza que me otorgaron e voltar a competir prontamente.

23 ene 2009

Desfalecemento...

Pois mira por donde que ben fixen non ir correndo ó traballo porque na saida de hoxe deume unha especie de 'páxara' transitoria que me tivo 10' case andando... supoño que foi por deixar pouco tempo entre o xantar e sair.

Total 50' a diversos ritmos.

Medo?

Bueno, alá vou... Coido que non me vai a ir moi ben porque o circuito do campionato vai a estar totalmente embarrado e tal e como é cheo de voltas e con 5 pasos por meta supoño que me terei que resignar a ser dobrado. Polo menos vou facer algo para o clube e, pode, que conquira participar co meu grande amigo Nercellas e coñercer ó dominador do circuito de CenG Jeffxavi. A ver que pasa.

21 ene 2009

Quecemento ata o parque do temple; 4 x 2 voltas grandes (2 Km) rec 1 volta pequena a baixo ritmo (800 mts) + Progresivo en costa de 400 mts.

19 ene 2009

Natación 1000 + 4 x 50

Ximnasio 45' trens superior e inferior.

17 ene 2009

Espectaculo lucense

Bueno; fun á nocturna de Lugo por aquelo de facer de todo un pouco e por probar o estado basal do tema de cara o campionato de cross provincial tras cáseque 1 mes sen facer traballo de 'calidade' e sen mais empeño que ter un ritmo 'decente'.

Enrolada na iniciativa "Corre con Nós" do concello de Lugo a carreira noctuna percorre unha centrica avenida da cidade o que a fai un bó espectáculo para o público e aumenta a participación local; mais a proba atrae tamén á xente de fora que participa no circuito e sabe o ben organizado do tema e os servizos que se prestan ós corredores.

Chegamos con tempo e me adiquei a quencer trotando i estirando, facendo algunha progresión e charlando con alguns coñecidos. Un longo quencemento que logo me deu o seu froito.

A liña de saida da nosa carreira formouse sen que rematara a carreira anterior e os mais espabilados colleron posicions ó sprint e o resto como pudemos. Como a zona era estreita para o número de participantes tocou facer uns primeiros 700 metros de zigzag e adiantamentos un pouco xustos pero lonxe da amolarme se me fixo entretido e non me cansou. Logo tomei o ritmo de un par de atletas que me adiantaban e aguantei con eles ata o derradeiro paso pola fonte do rei; alí pensei 'ou racha ou rompe' e tirei co que tiña para facer unha longa progresión ata a meta. O resultado deixoume moi satisfeito 14:44 nos 4100 mts (3'35" o Km.) e con gañas de escomenzar sen prisas mais sen pausa o 'traballo' para....? o que xurda.

O mais impresionante de todo foi a primeira carreira, a dos mais cativos...eu nunca tal vira. Unha raparigada inmensa e sonrinte correndo sen parar uns cos outros sen case tropezos diante da enchenta de soriso e orgullo de tódolos que alí estabamos; a min tiveronme que pecha-la boca do asombrado que estaba. Logo hai futuro.

16 ene 2009

Natación 800.

Estou pensando en "circuitadas" pode que abra unha etiqueta para ir facendo comentarios, como un diario de evolución do tema.

15 ene 2009

Rodaxe 40' parque do temple... É todo o que se pode facer cando a axenda familiar está cargada de cousas retrasadas ou adiantadas.

13 ene 2009

Forma baixo cero

Supoño que é o normal mais tras case 1 mes dende a media "Adolfo Ros" vexo que teño a forma como a temperatura...

Hoxe fixen 1h de rodaxe polo parque da rosaleda; hai que ir a modo collendo fondo.

11 ene 2009

Primeiro de 2009

Bueno; de volta e con gañas. 50' polo circuito habitual a 1º baixo cero; non está mal para vir dos 35º de Buenos Aires.

6 ene 2009

Estrea inesperada

A verdade é que cando souben da situación da casa da miña familia en Buenos Aires e das temperaturas previstas para estes días (35,37...) dei por descontado escomenzar o ano deportivamente nesta terra; mais, xustamente debido á calor que fai tivemos que percurar un refuxio e nos levaron o complexo deportivo do "centro Galicia de Buenos Aires" e chegados alí vimos unha fermosa 'pileta' de 50 mts que, como vantaxe engadida presentaba un carril no centro para a natación contínua. Así que alí nos fumos e botei 800 mts que me souberon a gloria.