17 feb 2008

Pajariel 2008

Bueno; nin tan mal como o previsto nin tan ben como o desexado. 1 h 31'.

Pois tivemos boa meteoroloxía, só molestaba un pouco o vento do surleste e o frio aturabase ben mais non arriba na meta.

Escomenzo polo principio... Pola mañan unha boa xiada escondía a lama das pistas.


Os andarines sairon a abrir brecha...
E logo saimos nós


O percorrido estaba ben sinalizado e a maior dificultade estaba no perfil mais tamén nese perfil estaba o maior valor da proba...



Xusto neste punto foi onde vin que saira con demasiado entusiasmo e me tiven que plegar ó meu actual estado de forma; así que me fun deixando ir no meu paso polas amplas pistas que rodean por detrás ó monte.

Outra volta os manguitos resultaron un acerto para as zonas de vento...

Ata o Km. 14 a carreira mais ou menos 'normal' logo entramos na "zona tolemia" primeiro cunha baixada tremenda por unha rilerira-cortalumes; logo por unha senda (estreita de verdade) na parte de penumbra do monte por entre castiñeiros; dando choutos e coidandome dos esbarons. Ata voltar ó pé do monte (km1) e alí collemos a "directa" cara arriba por unha senda entre carballos (¿da subespecie anana?) cunha pendente tal que non permitia mais que ARRASTRARSE.

Porén brindaba unha vista magnífica da cidade...

Así pois cheguei á meta en menos tempo do esperado mais con peores sensacions; alguha delas, por sorte, non se corfimou e os meus meniscos seguen aturando e os xemelgos tamén malia ó tremendo esforzo da subida final.

Outra proba que apuntar no "Kanlendario persoal".

No hay comentarios: