2 jul 2005

25 jun 2005

O que espera desespera

Non é que me vaia mal mais; qué duro se me fai ver pasa-lo mes sen sequer trotar un pouco cando hai un ano fixera as mellores series da miña vida... a compensación de ir ben (moi ben diria eu) na natación e na bici non proporciona consolo dabondo.

O amigo Emilio Montilla clasificouse para o campionato de Spain tras unha proba agónica na que estivo todo o tempo a pelexar para remontar (hai meu esa natación). Xa fai tempo que me planteo que nos triatlons a orde das probas debería ser variabel e decidirse ó chou (con tempo para que a organización se amolde); sería interesante para restarlle esa vantaxe da que, actualmente, disfrutan os nadadores.

Tolerias de Kan que dirá algun.

4 jun 2005

¿É xuño o mes da mala sorte?

Fai un ano tra-la media de Betanços pasei un mes malo coa leria da alerxia e as molestias no xoenllo esquerdo que me levaron a abandoar na media de Rivadavia e que logo darían a faciana en forma de rotura de menisco...

Este ano tras mellora-la miña marca na media de Betanços xa estou nas mesmas. O martes Cain na bicicleta; non moita cousa, as clásicas queimaduras na perna e no brazo esquerdo mais xa a inflamación e a dor me alteraron os plans e o rendimento. O derradeiro adestramento (o do Xoves) foi un calvario en tódalas facetas; sobor de todo na das benditas "sensacions" i é que aquelo non remataba mais.

Hoxe xa foi o colofón; só levava 40' da "X travesía integral ós montes Aquilianos" e nunha subida non moi forte torcir un nocello un pouco, non me mancou no momento mais ó iniciares a forte baixada de continuación o xemelgo da perna esquerd voltoume a pinchar e foi patente a nova rotura de fibras. Seguín andando até o primeiro control e xa non toleraba nen o camiñar. rematei o primeiro; ás 8:30 xa estaba no leito.

31 may 2005

Os amigos e os resultados oficiais...

Xa están publicados os resultados oficiais (1H.24'48"). É unha parvada, pero é a primeira vez que chego por diante da primeira fémina.

Txiqui fixo unha grande carreira en Betanzos ( 1h19' ) i Emilio Montilla tras vencer hai unha seman no duatlon de Vigo quedou segundo no triatlon de Llanes asegurándose a clasificación para o campionato estatal. A cruz púxoa Xavi Ner que tras quedar 8º en Vigo tivo unha caida no tramo de bicicleta en Llanes e non puido remata-la proba.

Moita sorte a Txiqui en Zarauzt esta fin de seman; a ver si pode sacar rendimento a todo o esforzo de adestramento que leva feito.

29 may 2005

Outra volta Betanços.

Puiden ir ó cabo até as mariñas a correr a 9ª edición desta media maratón. Non estivo mal, non. A organización ben para os medios que ten, o tempo acompañoume pois 15-16º e nubrado é exelente para min, o vento non me preocupou en exceso e o coñecemento do circuito axudoume a me esforzar nas costas nas que sabía que acto seguido había baixada. Fixen peor posto que o ano pasado ( 44 este ano, 40 de 270 o pasado) mais coido que mellorei o tempo ( 1h 24' 45" por 1h 25' 48" ) e, o mais importánte mellorei con respecto a Ferreirua tanto no total como nos parciais e nas sensacions pois cheguei ó KM. 16 por baixo dos 4'/Km.

Agora a ver que sae o Sábado...

9 may 2005

Por fin...

Onte voltou o Kan a participar nunha prova deportiva; foi na media maraton de Ferreirua a marca non foi boa (1:30:30) mais para non ter adestrado ren a carreira (nen progresions, nen series, nen costas) pois non está mal; a ademais 38 de 125 non é mala clasificación. Para min o importánte foi que non tiven molestias nas pernas e que non pasei por malas fases, só me adiquei a ir ó meu ritmo en cada tramo.

Grata sorpresa a do dezano Julio Canda Louzao cun tempo de 1:20:00 no 9º posto e 1º da súa categoria. Promete progresar.

Parragrafo a parte merece a organización; co seu derroche de entusiasmo fan mingua-la dureza do circuito e merecen o maior recoñecimento pois hai outras probas nas que pagas inscripción e te sintes moito mais abandoado e hai mais caos que nesta modestísima, pero entrañabel carreira; por riba onte fixo un día espectacular... se me colgan as fotos volas ensino.

31 de Maio: Foto de Ferreirua na saida; ahi atras do persoeiro de Valdeorras estou eu con gafas de sol e dorsal 626 (que punto mais raro me deu, ¿non?).


2 may 2005

Tarde mellor ca nunca...

O 30 de Maio do 2004 corrin a derradeira media maraton (ate o de agora) mais non conquerira os resultados de aquela proba por mais que os percurase... hoxe os publica correr en galicia (en .pdf) mais non estou de acordo pois, cando menos, entrei no mesmo tempo que a anterior persoa i, coido, que nun minuto menos... cousas dos cronometradores.

Que caralludos os do diario "el pais" presentando os chips como unha novidade cando xa se usaban nas populares no ano 2003.

Por eiqui seguimos disfrutando da fermosa paisaxe berciana; seméllame que si tivese algo de sorte podería afrontar unha grande empresa hai ó principio de Xuño mais non sei, non sei...

16 abr 2005

Prego de descargo

Confésome culpabel; culpabel de envexa.

Non comentei ren da VIG-BAY por que o xel que fedia na miña boca non me permitía mais ca bebexar. ¡¡ Que día tan esplendoroso!!; eu sain trotar por eiquí, mais vos xuro que non deixei de oir o rumor da brisa nos pinos de Samil, as oliñas rompendo en Canido nen deixei de sentir o arrecendo a auga salgada...

Sego a ter oportunidade de ir outro ano.

Ando empeñado coa bici ainda que este derrariero coletazo do "xeral inverno" me ten algo asustado. A merda da lesión do xemelgo é coma o can do hortelano ese nen podo competir nen deixo de adestrar.

5 abr 2005

Peregrinar senta ben

Fun uns días de peregrino e, ainda que escomencei con mal pé pois resentinme da lesión no primeiro regato que tivemos que vadear o certo é que esta semán de camiñar sentoume ben no corpo e na mente...

A maldita rotura fibrilar segue a me causar problemas e coido que vou ter que pasar a primaveira sen correr... mentras poda sair coa "becaria" i é que canto mais quere un unha cousa mais semella se lle negar e non hai ren coma non facer caso.

21 mar 2005

O mais grande...

Ten só 22 anos é moi metódico e constante e traballa sen desfalecer...



Kenisa Bekele é o mais grande atleta de cross de tódolos tempos. Facer un doblete como o desta fin de semana (cunha media no longo de 2:55) está fora do alcance de tódolos corredores actuais (e futuros?).

15 mar 2005

Para Vigo (non) vou... :(

Non ten remedio; un non ten a vellez na mente mais o corpo envellece e non recupera coma denantes; esta rotura ou microrotura non me permite adestrar a carreira e, a menos dun mes para a VIG-BAY o mellor é sermos realista e dala por perdida.

O consolo de parvos é que caseque tódolos colegas non van poder acudir por diversos problemas físicos ou "de axenda".

Outro ano será.

3 mar 2005

Lesions de vello

Os anos non pasan sen afectar e á miña edade as recuperacions deberan ser mais prolongadas... Volto a andar coas lesions musculares nos sóleos ou xemelgos; ainda así non paro de todo pois non me estorban para nadar e case non me molestan para andares na bici de montaña así que aproveito para me embarrar ate as orellas.

A ver si esta finde vexo ós colegas.

17 feb 2005

Rodando vou...

A cousa está como segue... Xavi está na Patagonia facendo treking polos glaciares para confirma-lo troco climático. Pepe está mirando a matricula do camión da gripe que tan inoportunamente o atropelou e lle impediu participar no Campionato E. de cross curto. Emilio quedou coma rei do duathlon galego. O clube triathlon coruña foi galardoado cos premios "galicia deportiva". Eu vou rodando sobre 1 hora e 20' sen maiores atrancos polo que haberá que provar a ir incrementando o ritmo; vai ser... vai ser...

10 feb 2005

AntiResaca

Non sei como dei con elo; debeu ser cousa do "pensamento lateral" mais o certo é que este ano ocorreuseme o que facer pola mañan os dias de entroido...

Ainda que me deite tarde e arrastro soio acordar cedo e paso a mañan papando moscas (e frio) ata que o resto da humanidade volta á troula. Así que eu collo o coche e me pranto na piscina climatizada e ala.. a nadar, logo unha duchiña quente e coma se non fixera ren pola noite. Listo para outra.

Boa idea a de ter a piscina aberta no entroido... polo menos para min.

4 feb 2005

Entroido

que tanto adestrar nen tanto carallo...

Tras catro sesions de carreira continua marcho de entroido.

Chegou a festa por exelencia: Os días de Licor e fariña, descontrol con "control" e samba agarrada.

Onde os anxos se transforman en demos...



Vémonos no TRIANGULO MÁXICO. (e non vai con segundas)

29 ene 2005

Xa vou trotando... mentras outros voan.

Onte foi un día moi especial; por primeira vez dende a intervención fun trotar (50')e semella que ten pagado a pena de me operar. Agora hai que ir con calmiña collendo fondo e ritmo a ver si para a VIG-BAY (10 de abril)...

Mentras no circuito de Monterrey celebrouse hoxe o campionato galego de Cross corto (4 Km.) non que o gañador "voou" a 2'45". Nesta ocasión o Nercellas voador (3'04") non puido repetir o éxito da semana anterior en Oleiros onde se impuxo na carreira do campionato galego de veterans (ainda que él non o é).

16 ene 2005

A FRECHA NERCELLEIRA

Onte no circuito de Monterrei correuse o Campionato Provincial de Ourense de Cross no que rachou a figura de Xosé Nercellas auténtico dinamizador da prova tirando en cabeza dende o principio e que pagou ese esforzo ó remate da mesma e quedou nunha meritoria cuarta posición a un ritmo de 3:23. Mágoa a foto de "La Región" na que non saiu nada favorecido.

14 ene 2005

ALTA

!!!Ide tremendo bellacos que Kandpalleiro a estar de volta nos roteiros en pouco tempo¡¡¡



Hoxe fai un mes que me fixen a artroscopia e vou coller a alta; xa estou indo a nadar e vou a escomenzar a facer exercicios isométricos co cuadriceps por aquelo de "substituir" ó ligamento cruzado anterior que non teño.

O signo ptognomómico (definitivo) de que a cousa non era como a merecia por descoidado foi que fun patinar e non me mancou caseque ren nunha hora asi que estou en marcha de novo; é pronto para me por obxectivos pois ata que escomence a correr non saberei canta forma perdin, mais coido que poderei correr unha "pachanga" antes do verán. Dempois xa veremos...

28 dic 2004

Duas semans

Hoxe van dúas semans da intrevención; dúas semans de contraste.

A primeira semana foi todo de maravilla; ás 48 horas andaba sen caxata e non sentin dor nen mais molestia que a natural hinchazón da perna ata o 20 pola noite, que fixen un mal xesto na porta dun caixeiro...

Dende aquel intre a cousa recuou pouco a pouco ata chegar a un punto no que sinto molestia na extensión da perna e teño un abultamento na cara anterior interna do xoenllo xusto no sitio dunha das incisions. En fin, a cousa non debía ir tan rápido como a min me pareceu e agora estou a paga-la consecuencia desa presa; espero non ter armado ningun desastre ahi dentro.

15 dic 2004

Xa está feito.



Xa pasei pola artroscopia; ahi tendes unhas fotiñas de dempois da intervención e xa á noitiña cando ia marchar para a casa (non estiven 12h ingresado).

O malo: Non me gustou o que atopamos ainda que non debera ter significación. Non teño ligamento cruzado anterior. si, non é que se vexa roto; é que non está. Meu "Fillo" maior me dí que Ronaldo está igual e mirade como corre... Logo da primeira impresión penseino friamente e lembrei que o meu pai foi 2º no campeonato de salto de altura na "mili" (1948) sen ter tampouco ligamento cruzado e que eu mesmo (que debo levar xa bastante tempo sin él) estiven a patinar sobre xeo facendo viraxes bruscas a ámbolos lados ata 12 horas antes de me face-la artroscopia.

O bó: tiña unha rotura no menisco que foi arranxada coa precisión e a delicadeza das boas mans que me atenderon. Gracias a todos en especial a Juan Amador e a Marisa Guerra.

Sain para a casa ás 20h. sobre muletas; son as 8:00 e ainda non sentin dor ningunha e me atrevo a sinalar que o 1 de Agosto estaba peor da perna do que estou agora.

Mágoa de fotos durante a intervención, pero a miña compañeira me fixo o honor de permanecer ó meu carón o cal, como todo o que fai, non sei como llo agradecer.

7 dic 2004

XA TEÑO DATA

Pasarei polo coitelo o 14 de Decembro. A ver si alguén se anima e me fai unhas fotos para vos colgar...

Namentres os Nercellas voltan ó ataque...

16 nov 2004

PISTA DE XEO???

Nin que o fixeran a proposito... Este ano que estaba resignado a non patinar ren: Van montar unha pistiña de patinaxe en Ponferrada. Ó parecer se vai situar a carón dos cinemas e vai estar aberta ó público en xeral dende as 18 ás 0 h a un prezo de 6 € para adultos e 3 para nenos (incluido aluguer de patins).

Eu non puiden lee-la nova na impresa nin escuitala na radio así que non sei mais que o que un coleguilla me dixo na rúa, agardando confirmación...

KanpatinandoVideo do Kan Patinando(>1 Mb.)


5 nov 2004

San Martiño na distancia

O domingo correse a San Martiño na cidade do Ouro... Previsions: Meteoroxia marabillosa, participación multitudinaria, ambiente sensacional; mais o que mais vou votar de menos é o xantar cos amigos. Moita sorte.

21 oct 2004

Bierzo Deportes

Non son moi afeccionado a ler o que fan outros deportivamente, sobor de todo si son profesionais; mais coido que pode ser interesante ver as crónicas do que fan os deportistas "de eiquí". Por eso Linko esta nova publicación.



Coido que é unha novidade no panorama rexional e penso que me gostaría poder serguir o que fan os colegas de Lalin ou de Riveira...

Falando deso: Unha grande aperta e moitos ánimos a Xabier Nercellas e a Emilio Montilla que remataron con un grandísimo esforzo a dobre triatlon de Ibiza. Pensade que a moitos nos gostaría porder facer unha proba así unha vez na vida e que "un mal día o ten ata Raña".

20 oct 2004

Provando o mail posting

Xa sei que non teño puta idea de ingles... O que quero dicir é que
este post o fago ó traveso do correo electrónico; ¿vantaxes?.
evidentes: Poderei facer post "urxentes" dende o mobil...

Novo Enlace

Como ben saberedes os que vos adicades ás populares o mais difícil desto é conquerir información das provas e de como inscribirse. Actualmente internet tamén é unha gran axuda para esto e para mostra as dúas páxinas que se mostran nos enlaces.

Pois ben; "Buceando" por ahí atopei esta outra páxina: Linea de Salida que me gustou non tanto pola presentación ( non son partidario dos marcos ) como pola cantidade de probas e os plans de adestramento que se incluen.

En fin, espero que vos valga de algo; eu sego arrastrándome pola auga e agardando ó coitelo.

18 oct 2004

Pedestre

Outro ano mais e van 27 correuse a carreira pedestre "popular" de Santiago; Se fai un ano non puiden facer crònica delo por non ter blog esta ano case non vou escribir por non ter estado alì.



Outro ano mais a "armada" de mercenarios fixo o seu e se levou os primeiros postos



Honrrosa escepción de Pedro Nimo co seu 5º posto. En fin, moita envexa que sinto de non ter podido participar.

20 sept 2004

Arrastrándome pola auga

Xa nunca fora un nadador rápido; pero agora, dempois de mes e medio no "dique seco" e co medo na perna pois levo a sensación esa. E o que me queda...

Nas 26 horas que estiven por Lalín puiden saber que o amigo Emilio Montilla gañou o campionato galego de trialón e que o amigo Xabier Nercellas rematou terceiro no trialon de Oleiros e volta a participar este ano no trialon de longa distáncia de Ibiza. Por elo Noraboa e sorte.

13 sept 2004

A Milla

Onte correuse a milla urbana de O Barco.

Coma sempre un éxito de público (ainda que eu coido que era mellor pola mañan) e grande participación en case tódalas categorías agás nos xuvenis.

Moita intensidade na prova de federados cun altísimo nivel e un final de suspense...

Que gran privilexio para unha povoación como O Barco de Valdeorras contar cuhas instalacions de atletismo coma as de Calabagueiros, cun clube coma o ADAS, Cun patrociandor coma Campos e con Tinin e a súa xente.

30 ago 2004

Duas de Cal e unha de area

Pensaredes que é un chiste doado... pois é así como eu vin os Xogos olimpicos. As dúas de Cal pois xa sabedes; e senon mirade este enlace de Galiza olimpica . A de area nas olimpiadas pois o bochornoso espectáculo dun cobarde que non é quen de manter as súas reivindicacions sen perxudicar a quen menos culpa ten. Que grande exemplo de enteireza deportiva deu De lima ante estos energumenos rematando sen desfalecer



Nunca poderemos saber que houbese ocurrido de non ter pasado esto.

No plano persoal xa teño a "sentencia": Teño roto o menisco interno do xoenllo esquerdo cun fragmento libre; si elo parece pouco pois tamén presento unha "distensión" do Ligamento Cruzado Anterior (LCA) que pode ser rotura fibrilar... se queredes imaxes...



Para mais información sobre temas médicos de xoenllo: Mi rodilla . com

Xa vos irei relatando o que vaia acontecendo.