12 abr 2009

Rodaxe tentando ir collendo fondo...1h10'. O menisco non está a gusto coas pedras mais atura.

10 abr 2009

Rodaxe 1h.

Logo da boa impresión de onte as punzadas do menisco do xeonllo esquerdo non me arredan, si parte partiu e mentras pois tentar fortalece-los cuadriceps coa bici.

9 abr 2009

Resurección en Cacabelos

Moi boas lembranzas me deixa a carreira desta vila tanto os outros anos que algo preparara coma este que só fixen rodaxe. Foi unha ledicia atopar a tanta e tanta xente coñecida, amigos xa, 'correlegas' cos que compartillo tantos momentos de adestramento e probas. Foi unha sorte a mañan tan esplendorosa que nos cadrou en sorte e o fermosísimo circuito que desta volta diseñou Chus Alonso, chan e sen moitas reviravoltas o que fixo moito mais levadeiro o feito de correr.

Non me saiu mal, non. Espoleado polo mal que me vira o Martes no Barco e pola emoción de voltar a correr fixen unha boa carreira para o nivel de adestramento que levo. 38'34" polo meu crono para os (coido) 9 km. longos da carreira...o mais satisfactorio saber que dende o 3 ata meta mantiven o kan-ritmo de 4'/km gracias a un correlega que levaba GPS e deso si me fiaba... nin preguntei o posto, o que importa é que o pasei ben e que non me manquei ainda que os xemelgos, mais o esquerdo, tensaronseme algo no remate i é o que ten participar con xente que sempre un se 'pica' inda que sexa un pouco e fai un esforzo.

Haberá que pensar cal vai se-la seguinte.

Edición 15/4

Agradecer a Maky a clasificación (47 de 164 38'32") e o detalle da foto no seu blogue.

7 abr 2009

Leña ó vello

Nesta ocasión saín rodar coa xente do ADAS, segue a ser unha ledicia ver rapaces e xente nova facendo atletismo.

Na rodaxe fun ben ata o final que, coma sempre nos grupos, se acelerou o ritmo e eu me quedei... tiña que ser. De tódolos xeitos estou contento e o xoves, se non se torce, estarei en Cacabelos.

5 abr 2009

Rodaxe valdeorresa

Xa facía ben tempo que non rodaba por Valdeorras...

1h. de voltas na Raña

4 abr 2009

Natación 1000 + 10 x 50mts.

Despedida da piscina por unha semana...

2 abr 2009

Anti stress

Agora si que fago "deporte antiestrés". Carreira contínua, 1h5' variando perfil e percorrido.

1 abr 2009

Carreira contínua: 50' 23 voltas no estadio... Outra chea de sensacions confusas.

29 mar 2009

Corroido

Corroido pola inquietude, corroido polo medo, corroido pola envexa...

Sain trotar 1 hora con diferentes sensacions; pinchazos, carga, suavidade... cáseque corrin e, ó remate, voltoume a molesta-lo xoenllo mais pasou de contado.

26 mar 2009

Outra de arrastre

Bueno; outros 45' a "velocidade absurda" con mais medo que vergoña e as mañiotas que me facían trotar coma un pato mareado. Cruceime cun foguete amarillo, seica era o Maky...

24 mar 2009

Pecurando mañiotas desesperadamente

Bueno, tras mes e medio voltei a rodar... 45' suave, falando e tal... aínda é pronto para decidir nada.

22 mar 2009

Equipo de recollida

Que bó é contar cunha equipa de recollida¡¡¡

Agora en serio, sain na bici e, aproveitando que a moza e as compañías ian á feira do Cebreiro decidín subir cara a Piedrafita. Ia ben, con gañas e seguro. Outra cousa sería ter que pensar en voltar... co aire en contra; o conto sería ben diferente. 49,3 km. 1h 47'.


19 mar 2009

Rodando dende a casa

Xa teño a orquídea no fogar e, unha vez que saiu ó sol, sain eu coa bicicleta.

Roteiro básico, 47Km 1h 40'.

18 mar 2009

Relaxado

Tra-las boas novas do mediodía quedei relaxado e non tiña moito ritmo mais algo fixen...

Natación: 1200 mts + 4x50

17 mar 2009

Limpando vías

Saída express para limpar vías aéreas e neuronais...

Natación: 1000mts + 4x50.

16 mar 2009

Saindo do invernadoiro

Hoxe saín por primeira vez do "invernadoiro" de coidar á miña Orquidea Valerosa; fun descansar dese xeito tan especial que me gusta.

Bicicleta, ruta básica, 47 km. 1h40'. Prestoume.

11 mar 2009

A sorte

A sorte de ter un día tan espectacular
de ter como compañeira a alguen tan forte e comprensivo
de ter azos de facer cousas malia que gañas ningunhas
de manter intactos forzas e sorriso
moita sorte...

Saín coa bici polo circuito curto, voltei a facer 30,8 km na 1ª hora e tomoume 1h e 47 en total e porque tiven que entrar por mais arriba (a obra de Roldán xa dura demasiado); pero o mais importante é que carguei as baterías solares entre aveleiras floridas, trinos de paxaros e cimeiros nevados...

10 mar 2009

Natacíon 850 + 4 x 50

Widget circuital

Admin non para e fixo o trebello que vedes no lateral para amosa-la clasificación do circuito 08/09, xusto a tempo para o 'tirón' da primaveira que se amosa moi interesante con dúas fortes pugnas na cabeza da clasificación femenina e por parellas e con un peloton perseguidor moi numeroso na clasificación xeral.

9 mar 2009

Facendo de tripas natación

Hoxe houbera desexado ir rodar na bici, mais as circustáncias mandan.

Natación 1000 + 10 x 50mts.

7 mar 2009

Desestricismo

Ou ciclismo contra o stress.

1h27' 42 km. Dándolle voltas ós pedais e ó caletre...

5 mar 2009

Relaxando a neurona...

Bueno, outros 1200 mts. de natación. Incluso nalguha virada o xeonllo quere mancar así que isto pinta a pasar novamente pola cuchilla mais non ata que solvente temas mais importantes.

2 mar 2009

Arrepentido

Natación 1000 mts.

Quedei algo arrepentido de non ter ido o Venres nadar; ó rapaz adiantáronlle unha actividade e eu tiña cousiñas que facer por casa. Contaba coa espléndida mañanciña do sábado para sair coa miña loira a mancarme un pouco mais tamén a disfrutar como vin a Basurko camiño de La Barosa... Mais pasei a mañan coas pulsacions subidas por causas ben diferentes i é que a vida dá unhas voltas...