7 sept. 2013

Repetín en Petín

Hoxe tocou voltar a participar na dura media maratón de Petín, desta volta ó non ser campionato galego eramos ben menos (71 chegamos desta frente ós 164 do 2010) pero eso non lle quitou o nivelazo humano que ten a organización e o agradable de correr polas terras de valdeorras.

A meteoroloxía foi moi favorable pois ós 25º vianse suavizados en gran medida pola brisa do nordeste que no segundo tramo nos deu de fronte.

A min persoalmente saiume unha proba expectacular e totalmente inversa á de vai 3 anos... si daquela me reservei ó principio e logo fun en boa compaña na segunda parte desta collín unha grupeta boa ó principio e fun nesa compaña ata o km 10 (44'21") no que baixei o ritmo para comer unha barriña e xa fixen o resto da proba só... afrontando as costas... para rematar en 1h 38' 19" só 1' mais que daquela e no posto 31 1:38:21 polo SportyPal.

A organización foi outra volta impecable; só se me ocurre que deberan abri-los contenedores do percorrido para non vernos obrigados a bota-lo lixo ó chan... que non podemos enlixa-lo entorno polo que disfrutamos correndo.


Publicar un comentario