Como queira que non estou a preparar "en serio" nada pois cando menos darme un gusto de cando en vez... e por iso o San Patricio de onte non foi coxo en pintas e supoño que mal non me fixeron.
E con esa carga me acheguei a Monforte para participar na IV carreira popular do concello da vila. Non me foi nada mal en canto a que mellorei en tempo (fixen 28'27" fronte ós 29' 14" do ano pasado) pero visto o tropel de galgos (e gacelas) que había perdín posicions.
Gustei da carreira porque ainda que saín moi apresurado e tiven que ir 2 kilometros recuperendo logo collín bó ritmo cunha referencia boa e mantivenme ata o final no que botei o resto; mágoa de SportyPal pero...
7 km 28' 27" 122 de 392 (ainda que o PDF pon III carreira e data de 2011 é o bó).
No hay comentarios:
Publicar un comentario