6 nov 2011

Pero de qué me queixo?

Ergome como sempre; traballo un pouco no tema profesional e circuiteo, almorzo e me visto. Arranco para Ourense cunha mañan estupenda de sol... ata Guímara. O val do Miño estaba cheo de mesta néboa. Chego e xa está o tema do aparcamento complicado. No pavillón moitos saúdos de tódolos correlegas e moito frio; todos confiando en que mellore o día. Moi agradable a conversa coa miña parella circuiteira e coa xente do CARMA. Desta vez a Fotokedada foi mais vistosa gracias á xente de Esprinters in the nai e Afilados.

Púxenme pronto na saída porque xa non as tiña todas comigo... saín buscando non estorbar e non ser bloqueado en exceso e fun un pouco arrastrado polo ritmo do grupo o que empecei a pagar no km 2 no que xa non me chegaba o aire; así as cousas a proba foi unha contínua loita por non parar e un contínuo ver pasar xente. Conquerin non me agobiar moito, bebín no km 5 e respirei... vendo agora os pasos non me semella que fose tan mal, pero pensei que baixara moito o ritmo. Xa ó pasar pola universidade voltei a tentar apretarme sen éxito e vin a faciana inversa do día de Pontevedra rematando cáseque sen folgos e algo mal humorado.

10 km 42' (4'12"/km igual que na pedestre) Posto 668 de 3242 (20% algo peor que na pedestre; Sera que os de Ourense corren mellor?) O caralludo do asunto é que mellorei a marca do ano pasado (43'57") sen estar adestrando arreo.

Comparación Ritmos San Martiño 2010 e 2011


En fin, non sei porqué non disfrutei tanto esta carreira como as outras; cecais tiña demasiadas espectativas ou preocupacions.

No hay comentarios: