27 nov 2011

Outra volta Betanzos e van..

4.

Hoxe voltei a Betanzos coa teima de tentar face-lo mesmo tempo que en Pontevedra nun cicuito moito mais duro que coñezo bastante ben.
Moito ambiente na saída nunha mañan soleada na que o frio se dispersou de seguida e estivemos en boa compaña charlando sobre os temas do circuito e das carreiras en xeral.
Saín un pouco lanzado de mais pero fun quen de conterme e moderar a un paso que non me desgastase moito nese principio de carreira. Subindo a costa das Angustias semelloume topa-lo ritmo cun grupo pero ian a tirons pensando non sei ben en qué porque non querían escoitar falar das costas; no pazo de Mariñan vinme ben e tentei manterme por baixo dos 4:25 polo menos ata cruzar Pedrido, as pernas respostaban ben e os animos tamén.
Cruzada a ponte o repeito pilloume con azos e collín a outra xente que me permitiu ir a un ritmo mais constante ata o km 16 ahí as pernas xa fallaron algo, pero a baixada levoume a bó ritmo ata a vila... logo veu o baixón; dende o km 18 perdín 14 postos pero é que os cuadriceps deixaron de funcionar... ata o derradeiro kilometro que me botei ó berro "!puntos, quero puntos¡" e apreteime para entrar en meta no posto 130 de 412 cun tempo de 1 h  31' 49"
Foi outra boa experiencia nesta carreira que a piques estivo de desaparecer pero que voltou a se celebrar gracias ó esforoz dunha xente xenerosa e honesta.

Este é, ata o de agora o meu historial nesta proba:

2010 1 h 37' 28"
2005 1 h 24' 45"
2004 1 h 25' 40"

No hay comentarios: