Hoxe tiña unha cita desas ineludibles, hoxe tiña "A Cita" e era unha data especial porque poucas probas teñen a longa historia da Milla Urbana de O Barco de Valdeorras que con 25 anos xa pode falar de tradición. Non tiña eu especial inquedanza respecto ó posto a ocupar nin ó resultado que mostrase o cronómetro; só quería participar para seguir sumando pasos por esa proba e para agradecer de certo xeito ó clube Adas-Proinor que unha tempada mais me renovasen a ficha federativa malía ó paupérrimo rendemento que lles ofrezo.
Como o meu estado de forma mais que baixo era subterraneo quecín con moito coidado tratando de estirar ben e atender a calquer síntoma de molestia. Corrín na carreira dos "populares" (menudos galgos) e os veterans A e dende a saída percurei ir ó pasiño que puidese e progresar a modo. E foime ben; fixen 6' xustos; só 4" mais que o ano pasado e unha media de 3'46" que me sorprendeu... e moito.
Será cuestión de escomenzar a traballar algo en serio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario