Bueno aínda que é cedo para facer avaliacions completas si que podo falar do que non teñen as páxinas de "axuda ó adestramento".
Eu non sei vos, pero eu non soio sair correr polo mesmo sitio tódalas veces que corro e tampouco adoito a facer EXACTAMENTE o mesmo percorrido en cada sesión; é pura cuestión de necesidade e método.
Todos sabemos que hai adestramentos nos que facemos 'rodaxe' e imos nun ritmo que podemos levar a unha distancia media. Tamén facemos saídas longas que son como indica o seu nome tiradas de moita kilometraxe. Logo están esas tiradas de 'calidade' nas que alternamos tramos a ritmo suave con tramos de ritmo forte (Fartlek) que mais que por distancia adoitase a controlar por tempo. E están as series; o traballo de calidade por execelencia que precisa de tramos ben medidos.
Así pois; o plantexamento das webs como Strands, MapMyRun, Wikiloc, Openrunner etc. neste aspecto tende mais a centrarse en probas de ruta fixa que en veradeiras "zonas de adestramento".
Pola contra eu plantéxome a idea de que os usuarios podan crear "zonas de adestramento" compostas de módulos configurables e que se poderían "apilar" para xerar a ruta de cada sesión de adestramento; incluso cada usuario podería ter módulos persoais (por exemplo para os que adestramos desde casa os tramos de ida/volta ata a "zona de adestramento").
Así unha sesión de ir ó parque de abaixo polo toralín, dar 2 voltas e voltar por Compostilla convertiríase na suma de 3 módulos (ida, circuito do parque -x2- e volta) ainda que tamén poderían ser mais (por exemplo a costa da Avda do Bierzo podería ser un módulo que me serviría para as series de costas que fago alí) coa tecnoloxía actual se podería facer esto, incluso, de xeito gráfico "arrastra e soltar" ou sinalando as rutas nun mapa e logo asignandolle o nº de repeticions que se desexan (para as voltas ós circuitos).
Mágoa que as entradas en galego non sexan seguidas polos sniffers... igual os de Strands se enteraban e facían algo similar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario